Nun 24 de febreiro de 1837 nace unha das referencias artísticas e culturais de Galicia: Rosalía de Castro. Dende 1º de primaria fixemos un intento de agasallar a todos os que, coma nos, valoramos e celebramos a creatividade dunha artista com ela foi .
Buscar neste blog
1 mar 2015
20 jun 2014
GRAZAS E SORTE!
A piques de rematar o curso e o ciclo os titores de segundo queremos dar as grazas a estes pequenos maestros.
GRAZAS POR…
…aprender!
…ensinarnos aos profes!
…colaborar coas vosas familias!
…formar parte da nosa vida docente!
…e por crecer!
*Para descargar a orla preme na imaxe ou no seguinte link:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/48907603/orla2%C2%BA%202014.tif
MOITA SORTE…
…para terceiro de primaria (que maiores xa!)
…para os profes que comezan andaina nun novo centro (Pilar e Álex)
…e para Silvia (xa preparada para recibir a nova “enfornada” de boliños)
Seguimos en contacto!
FELIZ VERÁN!
18 jun 2014
ATA A VISTA!!!
Rematamos o curso e o ciclo con música.
Estamos moi happy porque somos así… e porque chega o verán!
Gozade!
4 jun 2014
CINE EN VALORES DE MAIO
Este mes a película elixida foi "Matilda". Toda unha historia que nos volveu a ensinar que as diferenzas e a incomprensión van da man a cotío. As veces, incluso da xente que temos mais preto, por descoñecemento e ignorancia sufrimos moito. Eso pode trocar se lle poñemos un pouco de empatía e flexibilidade ó noso día a día.
Depois de vela fixemos unha comparativa das cosas boas e malas da película e para rematar unha redacción coas cousas que máis nos gustaron e as que menos.
Ano
1996
Duración
98 min.
País
Director
Danny DeVito
Guión
Robin Swicord (Cuento: Roald Dahl)
Música
David Newman
Fotografía
Stefan Czapsky
Reparto
Mara Wilson, Danny de Vito
Productora
TriStar Pictures / Jersey Films
Xénero
Cine de comedia
Sinopsis
Mathilda Wormwood é unha nena moi curiosa e intelixente, todo o contrario que seus pais, que a ignoran e a desprecian. Tras descubrir que ten poderes telequinésicos, chega a conclusión de que podería empregalos para facer o ben, axudando os que están en dificultades, pero tamén para castigar as persoas crueis e perversas.
Divertido e educativo o mesmo tempo!
Depois de vela fixemos unha comparativa das cosas boas e malas da película e para rematar unha redacción coas cousas que máis nos gustaron e as que menos.
Matilda
28 may 2014
SORPRESA
Para a profe Pilar, con moito agarimo e co desexo de vela moi pronto, hoxe fixemos un pequeno agasallo en forma de canción. Bicos dende Mosteiro !
Moitas felicidades!
22 may 2014
VISITA DE FINA CASALDERREY
Hoxe foi un día especial porque despois de moito traballo, puidemos disfrutar dunha mañá coa escritora Fina Casalderrey .
Contounos que ten unha irmá no noso cole, que lle encantaban os libros e explicounos algo sobre a sensibilidade, contando un "problemiña" que tivo unha mestra cuns pantalóns. Escachamos coa risa pero tamén aprendemos a importancia de contar as cousas dun xeito atinado. Ela sí que sabe atinar sempre coas verbas!
Facía tempo que estabamos a esperar esta visita e fixemos unha morea de cousas para que estivesse contenta nesta, a súa casa. Esperamos telo acadado.

Xa estamos desexando que nos visite de novo!
20 may 2014
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014
O venres 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas con todos os compañeiros e mestres do colexio. Preparamos un par de versos para facer un mural cunha poesía de Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado este ano. Quedou moi ben! Uns nenos de secundaria leron o poema e falaron un pouco sobre o poeta.
Aquí veredes o que fixemos.
Queremos galego!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)