Buscar neste blog
21 dic 2012
FELICES FESTAS!!!
O SALÓN
19 dic 2012
14 dic 2012
DíA DOS DEREITOS HUMANOS
O 10 de decembro celebramos o Día dos Dereitos Humanos. Cada curso programamos diferentes actividades para aprender un pouco máis sobre catro dos dereitos máis importantes: houbo actividades de lecto-escritura, de debuxo, de investigación, contacontos... e sobre todo, moito, moito TRABALLO EN EQUIPO.
Todos e todas temos os nosos dereitos!
CO CONTO DE LER
Nas aulas de primeiro, AL e PT apoiamos as aprendizaxes da lectura e escritura a través duns contos moi divertidos!
As historias acontecen na aldea de Cacaleque a través das personaxes: Rafa, Loló, Pepe, Finín, Tururú e moitos amigos máis.
Dende aquí podedes imprimir os carteis para colorear as letras e dígrafos:
Ademáis, se estás interesado en usar estes materiais podes contactar cos autores no seguinte enderezo:
CO CONTO DE LER.. CONTOS PARA LER E ESCRIBIR.
Autores: José María Heras Varela / Pilar Martínez Mateos Ilustración: Sonia Ruiz
Un agasallo para o noso alumnado!
12 dic 2012
HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO
Hoxe ás 12:00h do 12-12-2012 no CPI de MOSTEIRO faremos unha homenaxe ao escritor galego Celso Emilio Ferreiro no patio cunha lectura colectiva dun poema seu.
No día de hoxe moitas escolas galegas conmemoran en diversos actos o centenario do seu nacemento.
Ademáis, os compañeiros da ESO visitáronnos esta mañá nas aulas de primaria para agasallarnos con outro poema.
Os de primeiro tamén queremos compartir algo…
Atopamos unha canción recitada pola personaxe Shin Chan que nos gusta…
…porque sí!
… e porque algunhas das súas frases parecen estar inspiradas nas verbas de Celso Emilio!
Letra:
Chasca rachasca rachás
Ai lalelo ai lalalo o galego hai que falalo.
Chasca rachasca rachás
Ai lalalo ai lalelo o que é meu teño que defendelo.
Chasca rachasca rachás
Falo galego porque quero,
porque me gusta e porque me peta.
Falo galego porque sí…
Chasca rachasca rachás.
Porque me sae de alí.
Digo de dentro senón o digo rebento!
Chasca rachasca rachás. Chis pun!
Canta connosco!
11 dic 2012
ALMANAQUE MUSICAL
Deixámosvos os arquivos de audio para practicar na casa e as fichas para imprimir.
5 dic 2012
NOVAS DESTES DÍAS
Estas son algunhas das cousas que están a acontecer no centro contadas polas reporteiras máis dicharacheiras…
Abraiante… non si?