24 abr 2013

DÍA DO LIBRO. POEMA MUSICADO.

thumb.aspO alumnado de 2ºB celebrou o Día do Libro cunha bonita actividade que prepararon na aula de música. Escolleron un poema de Álvaro Cunqueiro musicado por Batallán.

Canción do niño novo do vento.

Letra: Álvaro Cunqueiro.      Música: L.E. Batallán.

Álbum: Meniños cantores

22 abr 2013

CINE EN VALORES: UP

upO martes 23 estreamos a película UP de Disney-Pixar.

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA

TÍTULO: Up

DIRECCIÓN: Bob Peterson, Pete Docter

PAÍS: Estados Unidos

ESTRENO: 30-07-2009

DURACIÓN: 96 min

XÉNERO: Comedia, Familiar, Animación, Aventuras, Acción.

CALIFICACIÓN: Todos os públicos

DISTRIBUIDORA E PRODUTORA: Walt Disney Pictures / Pixar Animation Studio

O valor a traballar nas actividades da película é o AMOR. Nos vindeiros días subiremos ao blogue os traballos do alumnado.

VALÓRAME-VALÓRATE!

19 abr 2013

FICHA DE LIBRO. SELECCIÓN Nº1

Todos os fines de semana os de levamos un libro de lectura para casa, o rexistramos nun caderno e elavoramos unha ficha sobre os datos e o que máis nos gustou.

Están a facer unhas fichas do máis coloridas. As máis valoradas ata o momento son estas:

Queredes botar una ollada?

 

18 abr 2013

CANTAREIROS

Os de están todo o día a voltas coas cancións da Aula de Música, as da titoría… e hoxe Sara Chantada fixo unha petición á que axiña se sumaron os demáis compañeiros.

Aquí vos deixamos unha das cancións favoritas do alumnado: O fogo Nicolás.

Se queres saber máis sobre o álbum preme na imaxe.

A bailar!

5 abr 2013

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Os meniños de primeiro fixemos esta actividade dentro do apartado de Arte do Proxecto “Mascotas”. Montamos un Estudio de Gravación en Bibliomosteiro e recitamos un anaquiño dun libro moi divertido de Yolanda Castaño. (A videomontaxe a podedes ver un pouco máis abaixo).

Created by Readiris, Copyright IRIS 2009

Created by Readiris, Copyright IRIS 2009

Ler en verso axúdanos a mellorar a nosa lectura porque necesitamos respirar moi ben, entoar,... respectar as quendas dos demáis en silencio, manter moito a atención… etc, etc.

Unha experiencia inolvidable para mestras e alumnado

que queremos compartir con todos vos!

1 abr 2013

CANCIÓN DE ABRIL

Seguimos co noso Almanaque Musical e aquí tendes xa a nova canción do mes.

Polo Día Internacional da Poesía aprendimos que as cancións de Mamá Cabra xurden dos versos de diversos poetas e poetisas galegos… E agora que xa sabemos atopar as rimas neses versos…

…atréveste coa canción do Can do Xoan?