29 may 2013

NOTICIA: A CONQUISTA DO EVEREST

Os de primeiro estamos a traballar con noticias relacionadas cos nosos proxectos. Aquí deixamos un vídeo que de seguro aportará moitas pistas para completar os datos que precisamos esta semana.

28 may 2013

CINE EN VALORES: ICE AGE 4

22150936_700x700min_1Hoxe, martes 28, estreamos a película Ice Age 4 de FOX Home Entertainment.

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA

TÍTULO: Ice Age 4

DIRECCIÓN: Steve Martino, Mike Thurmeier

PAÍS: Estados Unidos

ESTRENO: 29-06-2012

DURACIÓN: 94 min

XÉNERO: Animación 3D.

CALIFICACIÓN: Todos os públicos

DISTRIBUIDORA E PRODUTORA: FOX Home Entertaiment / Lori Forte & John C. Donkin

O valor a traballar nas actividades da película é a LEALDADE (honestidade, xustiza,…).

VALÓRAME-VALÓRATE!

13 may 2013

SEMANA DAS LETRAS 2013

Esta semana celebramos As Letras Galegas adicadas ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Dende Bibliomosteiro  achégannos diversos recursos didácticos recompilados pola Coordinadora Galega de ENDL para todos os nosos niveis educativos. Preme na imaxe.

  • Actividades Lim
  • UD
  • Ligazóns
  • Bibliografía
  • Videos
  • etc.

O xoves 16 realizaremos actividades no centro en diversos espazos comúns e tamén nas aulas.

10 may 2013

SAÍDA A APÍPOLIS

logoHoxe estivemos en Apípolis: a cidade das abellas!

Ademáis do alumnado do primeiro ciclo foron tamén os nosos compañeiros de terceiro curso.

A xornada prometía moito porque o día acompañaba cun tempo estupendo para poder ollar mellor o traballo destes insectos.

Aprendimos moitas cousas sobre estes invertebrados e participamos TODOS nas actividades propostas polos monitores.

copiamayo 1677

Algúns tiñan un chisco de medo porque houbo un “rumor” circulando sobre un compañeiro de cuarto ao que lle entrara unha abella por dentro do traxe o ano pasado… Alguén sabe algo desta aventura?

O que é certo é que as abellas son bastante amigables se nos comportamos axeitadamente. Agora sabemos que berrar, correr, axitar os brazos e as pernas non son boas ideas… E tamén aprendimos que unha abella para chegar a picar ten que sentirse moi temerosa de nós e pensar que a súa colmea corre perigo, pois cando nos pican morren (non como as primas as avespas… que esas pódennos picar varias veces…).

Aquí vos deixamos este documental sobre as abellas:

Recomendamos: Colección de Videos Disney. El Maravilloso Mundo de los animales. Las abejas.

9 may 2013

DÍA DO LIBRO. POEMA MUSICADO.

thumb.aspO alumnado de 2ºB celebrou o Día do Libro cunha bonita actividade que prepararon na aula de música. Escolleron un poema de Álvaro Cunqueiro musicado por Batallán.

Canción do niño novo do vento.

Letra: Álvaro Cunqueiro.      Música: L.E. Batallán.

Álbum: Meniños cantores

5 may 2013

FELIZ DÍA DA NAI!

Este ano os de primeiro fixemos un traballo para felicitar as súas nais moi divertido e creativo.copiamayo 1570Estas son una pequena mostra…copiamayo 1571

 

Como xa estamos afeitos a traballar coas rimas… Este ano inventamos un “rap” para as mamás.copiamayo 1572

copiamayo 1573

 

 

 

 

 

 

 

Os materiais que empregamos foron: botóns, palliñas de cores, corazóns de papel,  fitas de raso, cartulinas…

QUE PASEDES TODAS AS FAMILIAS UN DÍA ESTUPENDO!!!

2 may 2013

SORPREEEEESA…!

Hai días no cole no que pasan moitas anécdotas para compartir…

Hoxe os de primeiro recibiron unha sorpresa moi golosa… Celebramos a entrada de maio e as profas prepararon unha merenda relacionada co proxecto e a próxima saída a Apípolis.

copiamayo 1561copiamayo 1563

Por outra banda, Candela de 1ºB trouxo un agasallo moi especial feito coas súas mans!

copiamayo 1566copiamayo 1567

Para os pequenos lambóns!