Este curso continuaremos cun proxecto iniciado no 2012 polo que traballamos os valores nas aulas a través de películas de animación.
O Proxecto leva o título VALÓRAME-VALÓRATE e está orientado a traballar dous eixes básicos da educación en valores:
- o respecto por nós mesmos,
- e o respecto aos demais.
O traballo de cada película comeza cunha asemblea onde o respecto e tolerancia sobre as opinións dos demáis constitúen os valores clave da nosa relación na aula (alumnado e profesorado).
Ademais, seguindo a liña do noso traballo interdisciplinar engadimos actividades relacionadas coa Área de Coñecemento do Medio e Matemáticas (uso do calendario, compra das entradas con billetes e moedas,…).
Esta semana estreamos o filme Ratatoulle para traballar valores relacionados coa alimentación e alimentos saudables e o Proxecto (Parte I: Corpo Humano. Aparato Dixestivo e sentido do gusto).
USA, 2007. Color, 35 mm. Duración: 107 minutos.
Dirección: Brad Bird (Jan Pinkava, codirector) Guión: Brad Bird
Argumento: Jan Pinkava, Jim Capobianco y Brad Bird Productor: Brad Lewis
Producción ejecutiva: John Lasseter y Adrew Stanton
Diseño de producción: Harley Jessup
Coordinación artística: David Park Montaje: Darren T. Holmes Música: Michael Giacchino
Dirección de fotografía: Sharon Calahan
Supervisión técnica: Michael Fong Productora: Pixar Animation Studios / Walt Disney Pictures
Distribuidora: Walt Disney Studios Home Entertainment
SINOPSE
Rémy é unha rata cun desenvolvido sentido do gusto e do olfacto que vive no campo coa súa familia: o seu pai e o seu irmán Émile. O seu maior desexo é cociñar, converterse en xefe de cociña..., aínda que sabe que é difícil porque é un roedor, unha especie odiada por todos os profesionais relacionados coa alimentación. Accidentalmente chega a París e instálase baixo o prestixioso restaurante do falecido Auguste Gusteau, unha estrela da cociña admirada por Rémy cuxo espírito o acompañará coma se se tratase da súa propia conciencia. Alí entra en contacto con Lingüini, un mozo orfo que se sente fracasado e que acaba de ser contratado como lavalouza. Ambos os dous forman un estraño equipo clandestino que pronto chama a atención polos seus bos resultados culinarios, aínda que este mini xefe de cociña de longos bigotes debe asumir que os da súa especie non son ben recibidos na cociña dun restaurante.
Colette, a única rapaza do equipo de cociñeiros, ensínalle a Lingüini os trucos da preparación dos alimentos e o xefe de cociña Skinner, que dirixe o restaurante dende o falecemento do fundador, desexa por riba de todo o fracaso da novo lavalouza porque ve perigar o seu prestixio e a propiedade do negocio. Rémy intervén para resolver todos os problemas que van sucedendo, aínda que necesitará os reforzos da súa propia familia para facer fronte ás trampas do xefe de cociña e ás críticas de Antón Ego, o mellor crítico de cociña do país. Pero, sobre todo, necesitará saber tomar decisións e confiar en si mesmo e nos demais para levar adiante a paixón da súa vida: cociñar alimentos deliciosos e saudables que provoquen sensacións de felicidade entre os comensais.