28 may 2014

SORPRESA

Para a profe Pilar, con moito agarimo e co desexo de vela moi pronto, hoxe fixemos un pequeno agasallo en forma de canción. Bicos dende Mosteiro !


Moitas felicidades!



22 may 2014

VISITA DE FINA CASALDERREY

Hoxe foi un día especial porque despois de moito traballo, puidemos disfrutar dunha mañá coa escritora Fina Casalderrey .
Contounos que ten unha irmá no noso cole, que lle encantaban os libros e explicounos algo sobre a sensibilidade, contando un "problemiña" que tivo unha mestra cuns pantalóns. Escachamos coa risa pero tamén aprendemos a importancia de contar as cousas dun xeito atinado. Ela sí que sabe atinar sempre coas verbas!
Facía tempo que estabamos a esperar esta visita e fixemos unha morea de cousas para que estivesse contenta nesta, a súa casa. Esperamos telo acadado.





Xa estamos desexando que nos visite de novo!




20 may 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014


O venres 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas con todos os compañeiros e mestres do colexio. Preparamos un par de versos para facer un mural cunha poesía de Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado este ano. Quedou moi ben! Uns nenos de secundaria leron o poema e falaron un pouco sobre o poeta.
Aquí veredes o que fixemos.

Queremos galego!

14 may 2014

CELEBRANDO A NOSA LINGUA

Estamos xa preto do gran día da nosa lingua e quixemos facer unha homenaxe a Xosé María Díaz Castro ó noso xeito.





Que gañas lle poñemos!



7 may 2014

AGASALLO PEGADIZO FEITO POR NÓS

Para celebrar o día da nai o 3 de maio, tivemos unha idea do máis xenial!
Empregando un material novo que  podes modelar e despois endurece, fixemos un imán do mais "cuco".
Pero ademáis fixemos un paquetiño con materiais moi doados de atopar en casa. Pintamos, modelamos, escribimos e empaquetamos, con todo o noso agarimo, un agasallo para decirlle a nosa nai o especial que é para nos. Velahí tes como o fixemos.



Click to play this Smilebox slideshow


Esperamos que vos guste!

O CINE EN VALORES DE ABRIL

     
Neste mes de "augas mil" seguimos a traballar os nosos valores e intelixencia emocional cunha película deliciosa sobre o mar. O respeto por os demáis compleméntase có respeto polo medio mariño, e o valor da amizade mestúrase coa responsabilidade que todos temos por coidar o noso mundo.

PONYO EN EL ACANTILADO

Estrea: 19 de xullo de 2008 (Xapón)
Director: Hayao Miyazaki
Música: Joe Hisaishi



  • SINOPSE: Sosuke, é un neno de cinco anos , vive no máis alto dun acantilado que da o mar. Unha maña mentras xoga  nunca praia rocosa que está preto da  súa casa, atopa unha pececiña de cores chamada Ponyo, coa cabeza atascada nun tarro de marmelada. Sosuke a rescata e a garda  nun cubo verde de plástico. Ponyo e Sosuke sinten unha fascinación mutua. Unha nena e un nene  Amistade e responsabilidade. O mar e a vida mesma. Hayao Miyazaki ofrece en Ponyo unha historia apasionante sobre unha nai , seu fillo e unha pececita moi curiosa.





    Xa nos gustou moito a anterior película de Hayao Miyazaki cos seus "Totoros" e por iso repetimos director.
    Coma sempre, foi unha xornada especial onde nos xuntamos todo o ciclo na clase de 2ºB para visionar a película coma si dun cine se tratase. Pagamos as nosas entradas e gardamos silencio para non perder detalle.
    Fixemos un descansiño pra merendar e rematamos de ver a película. Alguns compañeiros choraron de tanta emoción. O remate aplaudimos a reo porque a historia foi maravillosa,
    E foi entón cando nos puxemos a traballar máis forte.
  • Despois de falar sobre o que a película nos transmitíu. Estivemos de acordo en que a amizade hai que coidala tanto como os nosos océanos. 
    Despois completamos unha ficha con preguntas non sempre doadas e coloreamos o maravilloso mundo de Sosuke e Ponyo.





Coidemos o medio ambiente como Ponyo!