Dende o primeiro ciclo queremos agradecer ás familias a colaboración coa excursión.
Aínda que o alumnado viña moi ben preparado para as inclemencias atmosféricas... deberiades ter en conta para a próxima vez que nunha excursión de "aventura campestre" os nenos teñen dificultades para comer con cubertos se non hai apoio...
Bocadillos, empanadillas, froita, bebibles, son a mellor solución!
O máis importante é o orgullosos que nos sentimos os profes de ter viaxado con este grupo numeroso e o ben que se comportaron!
Como vén sendo habitual deixámosvos un álbum de fotos que vos permite descargar os arquivos e... algo máis que vídeos!
PRÓXIMAMENTE…
1. NO MUSEO DE PONTEVEDRA. Algunhas motos me aburrían e outras eran moi bonitas. Pero foi un día chulñisimo aínda que chovera un pouquichiño.
ResponderEliminar2. O ECOPARQUE DE MARÍN. Gustoume moitiiiiiiisimo. No exame quitara mais ca profa e ao ter aprobado e ao ter o arnés sentime segura. E a tirolina foi o que mais me gustou. Gustaríame empezar xa cos xogos dos maiores. LAURA C