Xa está connosco!
Dende o primeiro ciclo queremos agradecer ás familias a colaboración coa excursión.
Aínda que o alumnado viña moi ben preparado para as inclemencias atmosféricas... deberiades ter en conta para a próxima vez que nunha excursión de "aventura campestre" os nenos teñen dificultades para comer con cubertos se non hai apoio...
Bocadillos, empanadillas, froita, bebibles, son a mellor solución!
O máis importante é o orgullosos que nos sentimos os profes de ter viaxado con este grupo numeroso e o ben que se comportaron!
Como vén sendo habitual deixámosvos un álbum de fotos que vos permite descargar os arquivos e... algo máis que vídeos!
PRÓXIMAMENTE…
Comezamos a segunda parte do noso proxecto alá polo mes de marzo co gallo da celebración do Día da Árbore e a chegada da Primavera o día 23. Lémbraste?
As nosas actividades viaxan da man de varias datas importantes que nos permiten aprender unha morea de cousas sobre o noso planeta…
23 DE ABRIL: DÍA DA TERRA.
Actividade de compostaxe cos compañeiros de 2ºPDC.
5 DE XUÑO: DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE.
Visita do contador Anxo Moure.
7 DE XUÑO: DÍA DOS OCÉANOS.
Actividades con Atlas, planisferio e mapas.
Non te perdas nos vindeiros días a publicación dos nosos traballos!!!
Recomendamos unha páxina web para xogar con mapas interactivos en distintos idiomas.
http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos
As “profas” fixemos esta selección dos relacionados co noso Proxecto:
OCÉANOS E CONTINENTES. ONDE ESTÁ?
OCÉANOS E CONTINENTES. COMO SE CHAMA?
CREBACABEZAS PAÍSES DE EUROPA.
ONDE ESTÁ? COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA.
PROVINCIAS GALICIA
CREBACABEZAS COMARCAS DE GALICIA
“Entendemos o ciclo da auga
escoitando unha canción.
Todos xuntos a aprendemos
e practicando…non a esquecemos!
Alumnado de 2ºcurso de primaria.
Os días 7 e 8 de xuño recibimos no centro a visita do alumnado do CRA de Meis que se incorpora ao 1º ciclo e ao alumnado de 6º do CEIP de Armenteira que comeza a etapa da ESO no vindeiro curso 2012-2013.
O Departamento de Orientación e o profesorado dos Ciclos organizaron diferentes actividades co obxectivo de dar a coñecer os espazos e organización do centro e fomentar a convivencia entre os participantes.
Estas son algunhas das actividades levadas a cabo: