Dende o primeiro ciclo queremos agradecer ás familias a colaboración coa excursión.
Aínda que o alumnado viña moi ben preparado para as inclemencias atmosféricas... deberiades ter en conta para a próxima vez que nunha excursión de "aventura campestre" os nenos teñen dificultades para comer con cubertos se non hai apoio...
Bocadillos, empanadillas, froita, bebibles, son a mellor solución!
O máis importante é o orgullosos que nos sentimos os profes de ter viaxado con este grupo numeroso e o ben que se comportaron!
Como vén sendo habitual deixámosvos un álbum de fotos que vos permite descargar os arquivos e... algo máis que vídeos!
PRÓXIMAMENTE…
1 comentario:
1. NO MUSEO DE PONTEVEDRA. Algunhas motos me aburrían e outras eran moi bonitas. Pero foi un día chulñisimo aínda que chovera un pouquichiño.
2. O ECOPARQUE DE MARÍN. Gustoume moitiiiiiiisimo. No exame quitara mais ca profa e ao ter aprobado e ao ter o arnés sentime segura. E a tirolina foi o que mais me gustou. Gustaríame empezar xa cos xogos dos maiores. LAURA C
Publicar un comentario