Create your own free digital collage |
Buscar neste blog
17 dic 2013
UN AGASALLO MUSICAL
A PROFE PILAR NOS FELICITA O NADAL
Esta semana está chea de sorpresas e unha das mais bonitas foi a postal e a carta que, a nosa profe Pilar, mandounos para felicitarnos polo noso traballo asi como para desexarnos un Bo Nadal. Mandounos unha caixa de bombóns que estaban moi ricos e que desapareceron nun tris pero tamén nos preguntou cousas do noso proxecto relacionadas cos latidos do corazón dos bebes. Teremos que investigar para mandarlle unha boa resposta.
Moitas grazas profe!
2 dic 2013
III DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO
Que ben o vimos de pasar nesta experiencia sensorial nas aulas de segundo! Non perdas detalle…
…o atrevemento,
…o descubrimento,
…os xestos,
…a sorpresa,
…o vestiario!
De seguro que despois do aprendido haberá peticións nas casas de productos descoñecidos previamente…
Por votación a granada foi o froito que mais sorprendeu aos catadores.
Tomade nota familias!
29 nov 2013
CINE EN VALORES. HOXE PROXECTAMOS RATATOULLE
Este curso continuaremos cun proxecto iniciado no 2012 polo que traballamos os valores nas aulas a través de películas de animación.
O Proxecto leva o título VALÓRAME-VALÓRATE e está orientado a traballar dous eixes básicos da educación en valores:
- o respecto por nós mesmos,
- e o respecto aos demais.
O traballo de cada película comeza cunha asemblea onde o respecto e tolerancia sobre as opinións dos demáis constitúen os valores clave da nosa relación na aula (alumnado e profesorado).
Ademais, seguindo a liña do noso traballo interdisciplinar engadimos actividades relacionadas coa Área de Coñecemento do Medio e Matemáticas (uso do calendario, compra das entradas con billetes e moedas,…).
Esta semana estreamos o filme Ratatoulle para traballar valores relacionados coa alimentación e alimentos saudables e o Proxecto (Parte I: Corpo Humano. Aparato Dixestivo e sentido do gusto).
USA, 2007. Color, 35 mm. Duración: 107 minutos.
Dirección: Brad Bird (Jan Pinkava, codirector) Guión: Brad Bird
Argumento: Jan Pinkava, Jim Capobianco y Brad Bird Productor: Brad Lewis
Producción ejecutiva: John Lasseter y Adrew Stanton
Diseño de producción: Harley Jessup
Coordinación artística: David Park Montaje: Darren T. Holmes Música: Michael Giacchino
Dirección de fotografía: Sharon Calahan
Supervisión técnica: Michael Fong Productora: Pixar Animation Studios / Walt Disney Pictures
Distribuidora: Walt Disney Studios Home Entertainment
SINOPSE
Rémy é unha rata cun desenvolvido sentido do gusto e do olfacto que vive no campo coa súa familia: o seu pai e o seu irmán Émile. O seu maior desexo é cociñar, converterse en xefe de cociña..., aínda que sabe que é difícil porque é un roedor, unha especie odiada por todos os profesionais relacionados coa alimentación. Accidentalmente chega a París e instálase baixo o prestixioso restaurante do falecido Auguste Gusteau, unha estrela da cociña admirada por Rémy cuxo espírito o acompañará coma se se tratase da súa propia conciencia. Alí entra en contacto con Lingüini, un mozo orfo que se sente fracasado e que acaba de ser contratado como lavalouza. Ambos os dous forman un estraño equipo clandestino que pronto chama a atención polos seus bos resultados culinarios, aínda que este mini xefe de cociña de longos bigotes debe asumir que os da súa especie non son ben recibidos na cociña dun restaurante.
Colette, a única rapaza do equipo de cociñeiros, ensínalle a Lingüini os trucos da preparación dos alimentos e o xefe de cociña Skinner, que dirixe o restaurante dende o falecemento do fundador, desexa por riba de todo o fracaso da novo lavalouza porque ve perigar o seu prestixio e a propiedade do negocio. Rémy intervén para resolver todos os problemas que van sucedendo, aínda que necesitará os reforzos da súa propia familia para facer fronte ás trampas do xefe de cociña e ás críticas de Antón Ego, o mellor crítico de cociña do país. Pero, sobre todo, necesitará saber tomar decisións e confiar en si mesmo e nos demais para levar adiante a paixón da súa vida: cociñar alimentos deliciosos e saudables que provoquen sensacións de felicidade entre os comensais.
VENRES DE OCIO: DIA DAS LIBRARÍAS
Unha proposta para unha tarde en familia! Hoxe en todas as librarías celebran o seu día organizando diversas actividades para o fomento da lectura e animación como: encontros con autores, ofertas e descontos, etc.
Non deixes pasar a oportunidade e achégate a túa libraría de confianza!
Sesión de animación á lectura na libraría Casa K. Bueu.
Un libro sempre é un bo amigo… e un tesouro!
28 nov 2013
NA BIBLIOTECA…
Nesta semana estamos a voltas coa violencia de xenero e como nos custa moito entender eso de que a xente non se trate con cariño estamos “loitando” contra esa violencia a través das palabras.
Fomos á biblioteca e escoitamos unha historia triste pero esperanzadora e falamos sobre o que non debe pasar cando dúas persoas se aman. A historia de Xela, unha mestra vampiresa, axudounos a saber que non todo é o que parece. Agora sabemos que as verbas e o diálogo adoitan ser as mellores armas contra a violencia, non si?
25 nov 2013
25 NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Dende o primeiro ciclo sumámonos á iniciativa do Equipo de Convivencia e participamos nas actividades propostas para conmemorar este día no que o importante é achegar ás novas xeracións a unha CONVIVENCIA POLA TOLERANCIA E RESPETO DOS XÉNEROS.
20 nov 2013
20 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DO NENO
O 20 de novembro celebramos unha xornada onde recordamos os DEREITOS E NECESIDADES DA INFANCIA. Falamos de cousas importantes sobre a vida e pensamos en lugares do mundo onde aínda hai nenos que non teñen fogar, alimentos, asistencia médica… nin escolas!
Hoxe tratamos de tomar conciencia do que son as Necesidades Básicas dun neno… todas moi relacionadas co noso proxecto!
NECESIDADES:
AFECTIVAS
HIXIÉNICAS, SAÚDE E COIDADO DO CORPO
NUTRITIVAS
ETC.
E tamén falamos de como se pode axudar a cambiar estas situacións, do traballo das organizacións solidarias, etc.
14 nov 2013
5 nov 2013
LOBOFEROZ
No mes de outubro comezamos a traballar nun conto moi divertido que xa coñeciamos dende hai tempo… Despois duns ensaios decidimos gravar as voces e editar este “audioconto” para todos os nosos seguidores.
Ademáis da gravación fixemos outros traballos voluntarios como ilustracións, representación de esceas, cantar o conto…
Como sempre deixamos a mostra do acontecido! Esperamos que vos guste!
Se queres tamén podes bailar e contar este conto coa canción Loboferoz de Almudena Janeiro (Álbum CONTOS EN CANTOS).
KARAOKE CANCIÓN LOBOFEROZ
31 oct 2013
SAMAÍN 2013
Este ano a celebración do Samaín tivo algunha novidade con respecto a edicións anteriores… este ano tivemos que elaborar coas familias ademais das tradicionais cabazas uns feitizos e meigallos do mais creativo!
25 oct 2013
O NOSO CORPO
No noso proxecto "Osíxeno" estamos aprendendo moitas cousas sobre o noso corpo. Coma a profe Pilar Mateos sabe moitos contos relacionados co tema, estivo na nosa aula amosándonos dous libros marabillosos e simpáticos. Botamos moitas risas (sobre todo co remate dos contos!), pasámolo moi ben… e por iso convidamos a profe a que volte a nosas aulas sempre que teña un pouquiño de tempo.
21 oct 2013
18 oct 2013
CANCIÓN: O MERCADO (MARÍA FUMAçA)
En 2º seguimos igual de cantareiros… e apoiamos ás aprendizaxes a través da música!
Canta connosco!
17 oct 2013
O SISTEMA NERVIOSO
Os de 2º estamos a traballar na primeira parte do proxecto Osíxeno: O CORPO HUMANO. Aquí deixamos un vídeo con información para realizar as pescudas do noso traballo!
Escoita este vídeo atentamente…
NÓS PARTICIPAMOS!
Bibliomosteiro convocou un concurso de carteis de Animación á Lectura. Mirade que artistas os de 2º… e que participativos! Xa están todos expostos no vestíbulo da primeira planta.
Grazas ás familias por colaborar!
15 oct 2013
DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS
Hoxe martes 15 de outubro celébrase o Día Mundial do Lavado de mans. Os de 2º estamos a estudiar o corpo humano na primeira parte do Proxecto Osíxeno e a hixiene é un dos contidos importantes que traballamos co tocante ao coidado do noso corpo.
Escoita a canción Dos Lunnies… aprende e…
Non o esquezas… hai que lavar as mans!
7 oct 2013
AS MIÑAS LECTURAS FAVORITAS
As lecturas deste fin de semana trouxeron unhas fichas do máis chulas. Botade unha ollada!
Como gustan estes bolechas, non sí?
Non queda detalle!
Que letras tan logradas na portada!
Parabéns rapaces. Seguide así!
4 oct 2013
REUNIÓN XERAL NAIS/PAIS
O vindeiro martes 8 de outubro faremos a presentación e reunión entre profesorado do Primeiro Ciclo e familias.
Hora: 16:30
Lugar: Vestíbulo do Primeiro Ciclo, planta baixa (corredor da esquerda).Ao remate da presentación xeral os titores reuniranse en cada aula cos pais/nais do seu alumnado.
Recomendamos non acudir á reunión cos fillos e fillas.
Para aquelas familias que non poidan asistir lembramos que a atención a nais/pais realizarase os martes de 16:30 a 17:30 previa petición de cita ao titor-a e con preferencia ás datas sinaladas a continuación:
19 sept 2013
BENVIDOS AO 1º CICLO!
Comezamos este novo curso 2013-2014 con 23 compañeiros novos…
brais CANDELA RUBEN LUCAS CARMEN
UXIA DAVID JAVIER DANIELA YAGO
MIRANDA MARTA CLAUDIA VERA BORJA
ERIKA ANDREA TERESA AINARA MATEO GUILLERMO LAURA SARA … en primeiro.
Aquí estamos todos na visita que nos fixeron en xuño.
En segundo continuamos os 25 do ano pasado e sumamos un novo compañeiro que se chama MAITREYA
Pasamos o primeiro día falando das cousas do verán… das gañas que tiñamos de estar cos compañeiros… e preparando unha festa sorpresa para os de primeiro!
Nos vindeiros días subiremos entradas ao blog coas primeiras actividades e información para as familias.
Non deixes de visitarnos.
Comezamos unha nova aventura!!!
13 jun 2013
10 jun 2013
VISITA DO CRA
O xoves 6 de xuño os de 1º recibimos a visita dos compañeiros do CRA que o vindeiro curso comezarán no noso centro.
Toda a semana estivemos cos preparativos das actividades sorpresa… non nos daba chegado o día!
Comezamos a xornada dando un agasallo co nome de cada neno. Eran colgantes con forma de xoaniña e bolboreta feitos de goma eva polo alumnado.
Despois das presentacións puxémonos mans á obra coas actividades artísticas:
- Creación de ceras multicolor con formas.
- Elaboración dun mural colectivo moi especial… e fluorescente!
Como estabamos a traballar na aula a celebración do Día dos Océanos, aproveitamos o tema para inspirar o noso mural.
Tamén realizamos unha visita polo centro: cociña, biblioteca, aula de música… ximnasio!
Cando rematamos agardábanos unha merendola salgada coma o océano…cunha pinga de doce!
E que foi o que máis nos gustou? Bota unha ollada…
PINTAMOS CON POMPAS
Estas últimas semanas non paramos! Xa estamos na conta atrás para rematar este curso e os de 1º queremos compartir con todos estas manualidades dos ultimas días.
Son moi refrescantes!
7 jun 2013
CANCIÓN DE XUÑO
Este mes rematamos cunha canción pequena pero chea de cousas por aprender! Non queremos adiantar máis do que veredes nos vindeiros días… todo relacionado coa Visita dos compañeiros do CRA, O mural do Día dos Océanos… etc.
Non deixes de botarnos un ollo!
5 jun 2013
POLO DÍA DO LIBRO…
A ACTIVIDADE:
1 jun 2013
SER LEAL É...
29 may 2013
NOTICIA: A CONQUISTA DO EVEREST
Os de primeiro estamos a traballar con noticias relacionadas cos nosos proxectos. Aquí deixamos un vídeo que de seguro aportará moitas pistas para completar os datos que precisamos esta semana.
28 may 2013
CINE EN VALORES: ICE AGE 4
Hoxe, martes 28, estreamos a película Ice Age 4 de FOX Home Entertainment.
FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA
TÍTULO: Ice Age 4
DIRECCIÓN: Steve Martino, Mike Thurmeier
PAÍS: Estados Unidos
ESTRENO: 29-06-2012
DURACIÓN: 94 min
XÉNERO: Animación 3D.
CALIFICACIÓN: Todos os públicos
DISTRIBUIDORA E PRODUTORA: FOX Home Entertaiment / Lori Forte & John C. Donkin
O valor a traballar nas actividades da película é a LEALDADE (honestidade, xustiza,…).
VALÓRAME-VALÓRATE!
13 may 2013
SEMANA DAS LETRAS 2013
Esta semana celebramos As Letras Galegas adicadas ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Dende Bibliomosteiro achégannos diversos recursos didácticos recompilados pola Coordinadora Galega de ENDL para todos os nosos niveis educativos. Preme na imaxe.
- Actividades Lim
- UD
- Ligazóns
- Bibliografía
- Videos
- etc.
O xoves 16 realizaremos actividades no centro en diversos espazos comúns e tamén nas aulas.
10 may 2013
SAÍDA A APÍPOLIS
Hoxe estivemos en Apípolis: a cidade das abellas!
Ademáis do alumnado do primeiro ciclo foron tamén os nosos compañeiros de terceiro curso.
A xornada prometía moito porque o día acompañaba cun tempo estupendo para poder ollar mellor o traballo destes insectos.
Aprendimos moitas cousas sobre estes invertebrados e participamos TODOS nas actividades propostas polos monitores.
Algúns tiñan un chisco de medo porque houbo un “rumor” circulando sobre un compañeiro de cuarto ao que lle entrara unha abella por dentro do traxe o ano pasado… Alguén sabe algo desta aventura?
O que é certo é que as abellas son bastante amigables se nos comportamos axeitadamente. Agora sabemos que berrar, correr, axitar os brazos e as pernas non son boas ideas… E tamén aprendimos que unha abella para chegar a picar ten que sentirse moi temerosa de nós e pensar que a súa colmea corre perigo, pois cando nos pican morren (non como as primas as avespas… que esas pódennos picar varias veces…).
Aquí vos deixamos este documental sobre as abellas:
Recomendamos: Colección de Videos Disney. El Maravilloso Mundo de los animales. Las abejas.
9 may 2013
DÍA DO LIBRO. POEMA MUSICADO.
5 may 2013
FELIZ DÍA DA NAI!
Este ano os de primeiro fixemos un traballo para felicitar as súas nais moi divertido e creativo.Estas son una pequena mostra…
Como xa estamos afeitos a traballar coas rimas… Este ano inventamos un “rap” para as mamás.
Os materiais que empregamos foron: botóns, palliñas de cores, corazóns de papel, fitas de raso, cartulinas…
QUE PASEDES TODAS AS FAMILIAS UN DÍA ESTUPENDO!!!