O xoves 6 de xuño os de 1º recibimos a visita dos compañeiros do CRA que o vindeiro curso comezarán no noso centro.
Toda a semana estivemos cos preparativos das actividades sorpresa… non nos daba chegado o día!
Comezamos a xornada dando un agasallo co nome de cada neno. Eran colgantes con forma de xoaniña e bolboreta feitos de goma eva polo alumnado.
Despois das presentacións puxémonos mans á obra coas actividades artísticas:
- Creación de ceras multicolor con formas.
- Elaboración dun mural colectivo moi especial… e fluorescente!
Como estabamos a traballar na aula a celebración do Día dos Océanos, aproveitamos o tema para inspirar o noso mural.
Tamén realizamos unha visita polo centro: cociña, biblioteca, aula de música… ximnasio!
Cando rematamos agardábanos unha merendola salgada coma o océano…cunha pinga de doce!
E que foi o que máis nos gustou? Bota unha ollada…
No hay comentarios:
Publicar un comentario