28 ene 2013

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O martes 29 de xaneiro asistiremos a unha representación teatral para conmemorar o Día Escolar da non violencia e a Paz no Auditorio do Concello.

DSC_0373

O BOSQUE DA POESÍA.

GRUPO IARA TEATRO (preme para ver o curriculum).

SINOPSE: Un grupo de intrépidos/-as rapaces e rapazas da actualidade deciden solicitar axuda aos heroes e heroínas dos cómics e das series de debuxos animados para ir ao BOSQUE DA POESÍA, lugar que se atopa no corazón dunha fraga galega. Deste xeito personaxes como BOB ESPONXA, SPIDERMAN, BATMAN, DORA, A EXPLORADORA, etc. prestaranlles os seus poderes para que recuperen a espada máxica e así habite para sempre A PAZ, A CULTURA e A EDUCACIÓN entre os nenos e as nenas de todo o mundo. Iniciarán, polo tanto, unha arriscada viaxe na que se terán que enfrontar con inimigos que lles poñerán diversas probas, que só coa colaboración de todos/-as poderán superar para así acadar por fin o seu nobre obxectivo.

Este espectáculo procura o achegamento ao público infantil de valores como a SOLIDARIEDADE, O COMPAÑEIRISMO, O RESPECTO POLO MEDIOAMBIENTE, A CULTURA DA PAZ, etc. Todo isto será realizado sempre desde un prisma cómico e reflexivo.

Os beneficios do Grupo IARA TEATRO serán destinados ao orfanato AMANTANÍ de Cuzco, Perú. Se queres máis información podes visitar o enlace a http://www.amantani.info/.

Ao remate da obra, o alumnado de primaria conmemorará o Día Escolar da non violencia e a Paz cantando cancións, recitará poesías,etc. … no mesmo salón de actos do Auditorio.

Ademáis, durante estes días nas aulas do primeiro ciclo tamén se desenvolven actividades relacionadas como a realización de pombas da paz, “PAZlabras”, Cine en Valores, lecturas de contos de paz,…sen esquecer que todos os días do ano son… DÍAS DE PAZ.

No primeiro ciclo preparamos un anaco da canción de Jose Luis Perales: QUE CANTEN LOS NIÑOS.

QUE CANTEN LOS NIÑOS

Jose Luis Perales

QUE CANTEN LOS NIÑOS QUE ALCEN LA VOZ
QUE HAGAN AL MUNDO ESCUCHAR
QUE UNAN SUS VOCES Y LLEGUEN AL SOL
EN ELLOS ESTÁ LA VERDAD.


QUE CANTEN LOS NIÑOS QUE VIVEN EN PAZ
Y AQUELLOS QUE SUFREN DOLOR
QUE CANTEN POR ESOS QUE NO CANTARÁN
PORQUE HAN APAGADO SU VOZ.


Yo canto para que me dejen vivir.
Yo canto para que sonría mamá.
Yo canto porque sea el cielo azul.
Y yo para que no me ensucien el mar.

Yo canto para los que no tiene pan.
Yo canto para que respeten la flor.
Yo canto porque el mundo sea feliz.
Yo canto para no escuchar el cañón.

Queres cantar connosco?

No hay comentarios: