10 jun 2013

VISITA DO CRA

O xoves 6 de xuño os de 1º recibimos a visita dos compañeiros do CRA que o vindeiro curso comezarán no noso centro.

Toda a semana estivemos cos preparativos das actividades sorpresa… non nos daba chegado o día!

Comezamos a xornada dando un agasallo co nome de cada neno. Eran colgantes con forma de xoaniña e bolboreta feitos de goma eva polo alumnado.

IMG_0481 IMG_0479

IMG_0565

 

Despois das presentacións puxémonos mans á obra coas actividades artísticas:

  • Creación de ceras multicolor con formas.
  • Elaboración dun mural colectivo moi especial… e fluorescente!

 

 

Como estabamos a traballar na aula a celebración do Día dos Océanos, aproveitamos o tema para inspirar o noso mural.

IMG_0984[1]

Tamén realizamos unha visita polo centro: cociña, biblioteca, aula de música… ximnasio!

Cando rematamos agardábanos unha merendola salgada coma o océano…cunha pinga de doce!

IMG_0591

E que foi o que máis nos gustou? Bota unha ollada…

PINTAMOS CON POMPAS

Estas últimas semanas non paramos! Xa estamos na conta atrás para rematar este curso e os de 1º queremos compartir con todos estas manualidades dos ultimas días.

Son moi refrescantes!

7 jun 2013

CANCIÓN DE XUÑO

Este mes rematamos cunha canción pequena pero chea de cousas por aprender! Non queremos adiantar máis do que veredes nos vindeiros días… todo relacionado coa Visita dos compañeiros do CRA, O mural do Día dos Océanos… etc.

Non deixes de botarnos un ollo!

5 jun 2013

POLO DÍA DO LIBRO…

Tarde non era! Xa rematamos a montaxe do noso conto en cómic que inventamos na actividade do Día do Libro… Esperamos que vos guste moito…
A ACTIVIDADE:
O alumnado de 1ºA e B creamos un conto sobre unha xoaniña e unha bolboreta. Primeiro aprendimos coas profes a deseñar unha historia tendo en conta a estrutura narrativa. Despois preparamos os debuxos, repartimos a participación na montaxe audiovisual, creamos un “storyboard”, ensaiamos… todo coas NOSAS MANS, VOCES e unha TABLETA!
E por fin podemos compartir o resultado!
 
   A primeira proba feita por Joel e Sara… ven merece unha ollada tamén! Estes rapaces son uns artistas!




1 jun 2013

SER LEAL É...

Nas aulas de primeiro seguimos coa teima da LEALDADE, o valor que toca estes días dentro do Proxecto Anual: “Valórame-Valórate”. Tentamos definila  na nosa  clase, e chegamos a pensar que é algo así como… non dar a espalda aos amigos, aos compañeros, ás persoas que están ao noso carón
Non foi doado definilo con palabras, e coma sempre pensamos que unha imaxe vale moito máis que un cento delas ...Velahí vai un agasallo!
 

Un delicioso corto de Pixar que nos explica perfectamente o senso máis profundo desta maravillosa palabra sen pronunciar nin unha.
 
XENIAL... NON SI?