No noso proxecto estamos a estudar o sistema circulatorio, onde o gran protagonista é …o corazón! Aprendemos que impulsa o sangue, que axuda a repartir nutrientes e que cada latido ten dous movementos que son a sístole e a diástole. Pero tamen aprendemos que somos capaces de facer mellor as cousas se lle poñemos "corazón" e que late con máis forza cando nos emocionamos frente a xente que queremos.
Por todo isto e co gallo do día de San Valentín, decidimos facer moitos corazóns en papel para construir uns bonitos animais e poder agasallar a alguén.
Primeiro coloreamos os corazóns con moito mimo para logo recortalos con coidado.
De seguido nos puxemos a pegar as pezas e o final Manu, Brais e Joél fixeron as fotos co noso ipad para facer un collague fotográfico e o resultado…
Un agasallo do máis amoroso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario