Co gallo de reciclar fixemos os nosos disfraces de antroido con materiais de andar por casa. Como non podía ser doutro xeito, a temática estivo relacionada có noso proxecto "osíxeno" e por iso fomos de...buzos!
Dounos moito traballo pero cunhas medias vellas de mamá, unha botella de refresco, o chupete de cando eramos cativos e o tubo co que nos agasallou a tenda de mobles "Reboredo", fixemos un disfraz artesán pero do máis molón. Queres ver como o fixemos?
A que tomaches osíxeno connosco?
1 comentario:
Que disfraz tan chulo! O detalle do chupete que divertido 😂😂😂... Seguide así de ben traballando en equipo! Apertas: a profa Pilar! 😉
Publicar un comentario