- 1 Sobre + 1 cullerada sopera de xelatina de sabor (recomendamos framboesa)
- 2 sobres de xelatina neutra
- 200 g. de auga
- 300g. de azucre
1º. Poñer a xelatina neutra, o azucre e a auga a quentar durante 5 minutos sen deixar de remexer.
2º. Engadimos a xelatina de sabor e quentamos 5 minutos máis sen deixar de remexer.
3º. Deixar enfriar (Pero non podes deixala moito tempo porque vólvese sólida. Ten que estar case fría e líquida!).
4º. Bater cunha batedora durante 6 minutos aproximadamente ata que teña textura esponxosa.
5º. Forrar unha bandexa con film transparente e botar a mistura enriba. Deixar enfriar a temperatura ambiente (8-12h.)
6º. Rebozar con fariña fina de millo do tipo “maizena” e cortar coa forma desexada. Serven os moldes de pastas e galletas.
mmmmmmmmmmmmmm…