21 may 2012

PREMIO LIEBSTER: “de blog en blog…”

Onte recibimos unha sorpresa moi especial! O blog amigo “O recanto de Leo”,  da Biblioteca do CEIP A Lama, concedeunos este premio.

 

O Premio Liebster é unha iniciativa para dar a coñecer pequenos blogs de non máis de 200 seguedores.

liebster-blog negro

Estamos todos moi emocionados xa que apenas levamos dous meses dende a nosa apertura!!!

…é moi gratificante! GRAZAS, RECANTO DE LEO!

 

O xeito de recibir o premio é a través dos comentarios na última entrada publicada. Agora nós tamén temos que continuar coa iniciativa Liebster e temos que seguir as seguintes  reglas:

  • Copiar e pegar o premio no noso blog e facer o enlace ao blog que o concedeu.
  • Premiar a outros 5 blogues amigos e comunicarllo a través dun comentario no seu blog.
  • Esperar que estes premien a outros cinco cada un…“de blog en blog”.

 

OS NOSOS CINCO BLOGUES GALARDOADOS SON…

  • Audición e Linguaxe. CEIP de Seixo (Marín). Por ser unha fonte de inspiración, coñecemento e consellos.
  • A Maga Tomasa. CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo). Por ensinar e compartir.
  • Os ghatos misteriosos. CEP Sequelo (Marín). Polo que temos en común.
  • Os pitufiñ@s. EEI de Samiera (Poio). Por facernos doado o “imposible”.
  • Bolboretas. 2º ciclo CEIP A Carballeira (Pontevedra). Pola experiencia compartida.

 

E a todos aqueles que sin estar aquí nomeados son iguais merecedores deste recoñecemento! GRAZAS!

3 comentarios:

bolboretas dijo...

Moitas grazas!!! Estamos encantad@s co voso agasallo e seguiremos traballando arreo para merecelo.

lameirinha dijo...

Moitisimas grazas e non se merecen en absoluto e parte do noso choio. Perdoade pola tardanza en contestar pero andamos nunha chea de proxectos e temos algo desatendido o blog

Mestra de AL - Sara P. dijo...

Despois duns días moi axetreados... darvos as grazas polo Premio!!Estou encantada e, por fin, xa teño aos meus 5 blogues galardonados. Sen tempo non foi!
GRAZAS.