31 may 2012

PREMIOS LAMBÓNS…

Os rapaces de segundo esfórzanse moito neste fin de curso e conseguen uns premios moi lambóns!!!
Aquí deixamos a receita das nubes de limón. Para que as poidan facer acompañados dun adulto e entendan todo o aprendido estes días na clase de matemáticas e coñecemento do medio sobre as medidas de capacidade, peso, temperatura, cantidades, estados da auga, etc.
 
Esperamos poder ver fotos dos vosos resultados!!!

IMG_2385   IMG_2405  
IMG_2386   IMG_2390  
IMG_2393   IMG_2407

IMG_2387   IMG_2409

IMG_2411   IMG_2412
IMG_2391   IMG_2415
INGREDIENTES

  • 1 Sobre + 1 cullerada sopera de xelatina de sabor (recomendamos framboesa)
  • 2 sobres de xelatina neutra
  • 200 g. de auga
  • 300g. de azucre
ELABORACIÓN
1º. Poñer a xelatina neutra, o azucre e a auga a quentar durante 5 minutos sen deixar de remexer.
2º. Engadimos a xelatina de sabor e quentamos 5 minutos máis sen deixar de remexer.
3º. Deixar enfriar (Pero non podes deixala moito tempo porque vólvese sólida. Ten que estar case fría e líquida!).
4º. Bater cunha batedora durante 6 minutos aproximadamente ata que teña textura esponxosa.
5º. Forrar unha bandexa con film transparente e botar a mistura enriba. Deixar enfriar a temperatura ambiente (8-12h.)
6º. Rebozar con fariña fina de millo do tipo “maizena” e cortar coa forma desexada. Serven os moldes de pastas e galletas.

mmmmmmmmmmmmmm…

No hay comentarios: