20 jun 2014

GRAZAS E SORTE!

A piques de rematar o curso e o ciclo os titores de segundo queremos dar as grazas a estes pequenos maestros.

GRAZAS POR…

aprender!

ensinarnos aos profes!

colaborar coas vosas familias!

formar parte da nosa vida docente!

…e por crecer!

orla2º 2014

*Para descargar a orla preme na imaxe ou no seguinte link:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/48907603/orla2%C2%BA%202014.tif

MOITA SORTE…

…para terceiro de primaria (que maiores xa!)

…para os profes que comezan andaina nun novo centro (Pilar e Álex)

…e para Silvia (xa preparada para recibir a nova “enfornada” de boliños)

Foto 11-06-14 11 44 33

Seguimos en contacto!

FELIZ VERÁN!

18 jun 2014

ATA A VISTA!!!

Rematamos o curso e o ciclo con música.
Estamos moi happy porque somos así… e porque chega o verán!
 

 
Gozade!

4 jun 2014

CINE EN VALORES DE MAIO

Este mes a película elixida foi "Matilda". Toda unha historia que nos volveu a ensinar que as diferenzas e a incomprensión van da man a cotío. As veces, incluso da xente que temos mais preto, por descoñecemento e ignorancia sufrimos moito. Eso pode trocar se lle poñemos un pouco de empatía e flexibilidade ó noso día a día.
Depois de vela fixemos unha comparativa das cosas boas e malas da película e para rematar unha redacción coas cousas que máis nos gustaron e as que menos.

 

Matilda

Ano
1996
Duración
98 min.
País
Director
Danny DeVito
Guión
Robin Swicord (Cuento: Roald Dahl)
Música
David Newman
Fotografía
Stefan Czapsky
Reparto
Mara Wilson, Danny de Vito
Productora
TriStar Pictures / Jersey Films
Xénero
Cine de comedia
Sinopsis
Mathilda Wormwood é unha nena moi curiosa e intelixente, todo o contrario que seus  pais, que a ignoran e a desprecian. Tras descubrir que ten poderes telequinésicos, chega a conclusión de que podería empregalos para facer o ben, axudando os que están en dificultades, pero tamén para castigar as persoas crueis e perversas. 


Divertido e educativo o mesmo tempo!

28 may 2014

SORPRESA

Para a profe Pilar, con moito agarimo e co desexo de vela moi pronto, hoxe fixemos un pequeno agasallo en forma de canción. Bicos dende Mosteiro !


Moitas felicidades!



22 may 2014

VISITA DE FINA CASALDERREY

Hoxe foi un día especial porque despois de moito traballo, puidemos disfrutar dunha mañá coa escritora Fina Casalderrey .
Contounos que ten unha irmá no noso cole, que lle encantaban os libros e explicounos algo sobre a sensibilidade, contando un "problemiña" que tivo unha mestra cuns pantalóns. Escachamos coa risa pero tamén aprendemos a importancia de contar as cousas dun xeito atinado. Ela sí que sabe atinar sempre coas verbas!
Facía tempo que estabamos a esperar esta visita e fixemos unha morea de cousas para que estivesse contenta nesta, a súa casa. Esperamos telo acadado.





Xa estamos desexando que nos visite de novo!




20 may 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014


O venres 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas con todos os compañeiros e mestres do colexio. Preparamos un par de versos para facer un mural cunha poesía de Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado este ano. Quedou moi ben! Uns nenos de secundaria leron o poema e falaron un pouco sobre o poeta.
Aquí veredes o que fixemos.

Queremos galego!

14 may 2014

CELEBRANDO A NOSA LINGUA

Estamos xa preto do gran día da nosa lingua e quixemos facer unha homenaxe a Xosé María Díaz Castro ó noso xeito.





Que gañas lle poñemos!



7 may 2014

AGASALLO PEGADIZO FEITO POR NÓS

Para celebrar o día da nai o 3 de maio, tivemos unha idea do máis xenial!
Empregando un material novo que  podes modelar e despois endurece, fixemos un imán do mais "cuco".
Pero ademáis fixemos un paquetiño con materiais moi doados de atopar en casa. Pintamos, modelamos, escribimos e empaquetamos, con todo o noso agarimo, un agasallo para decirlle a nosa nai o especial que é para nos. Velahí tes como o fixemos.



Click to play this Smilebox slideshow


Esperamos que vos guste!

O CINE EN VALORES DE ABRIL

     
Neste mes de "augas mil" seguimos a traballar os nosos valores e intelixencia emocional cunha película deliciosa sobre o mar. O respeto por os demáis compleméntase có respeto polo medio mariño, e o valor da amizade mestúrase coa responsabilidade que todos temos por coidar o noso mundo.

PONYO EN EL ACANTILADO

Estrea: 19 de xullo de 2008 (Xapón)
Director: Hayao Miyazaki
Música: Joe Hisaishi



  • SINOPSE: Sosuke, é un neno de cinco anos , vive no máis alto dun acantilado que da o mar. Unha maña mentras xoga  nunca praia rocosa que está preto da  súa casa, atopa unha pececiña de cores chamada Ponyo, coa cabeza atascada nun tarro de marmelada. Sosuke a rescata e a garda  nun cubo verde de plástico. Ponyo e Sosuke sinten unha fascinación mutua. Unha nena e un nene  Amistade e responsabilidade. O mar e a vida mesma. Hayao Miyazaki ofrece en Ponyo unha historia apasionante sobre unha nai , seu fillo e unha pececita moi curiosa.





    Xa nos gustou moito a anterior película de Hayao Miyazaki cos seus "Totoros" e por iso repetimos director.
    Coma sempre, foi unha xornada especial onde nos xuntamos todo o ciclo na clase de 2ºB para visionar a película coma si dun cine se tratase. Pagamos as nosas entradas e gardamos silencio para non perder detalle.
    Fixemos un descansiño pra merendar e rematamos de ver a película. Alguns compañeiros choraron de tanta emoción. O remate aplaudimos a reo porque a historia foi maravillosa,
    E foi entón cando nos puxemos a traballar máis forte.
  • Despois de falar sobre o que a película nos transmitíu. Estivemos de acordo en que a amizade hai que coidala tanto como os nosos océanos. 
    Despois completamos unha ficha con preguntas non sempre doadas e coloreamos o maravilloso mundo de Sosuke e Ponyo.





Coidemos o medio ambiente como Ponyo!





25 abr 2014

22 ABRIL DIA DA TERRA

Chegamos descansados pero nos puxemos a traballar a reo. Estamos moi concienciados coa necesidade de coidar a nosa Terra porque é única coma nos. Nas nosas mans está coidala e  por iso, coas nosas mans precisamente, estivemos a facer un traballiño conmemorando este día.





Na próxima semana veremos unha película relacionada co coidado e respeto do planeta chamada "Ponyo en el acantilado" no que recordaremos a importancia de participar todos no respeto os nosos mares. Pero iso será máis adiaste



Coida o noso planeta!


CELEBRAMOS O 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Celebramos por anticipado o día do libro. Estivemos no auditorio escoitando un divertido conto chamado " La princesa de los labios de fresa". Participamos a tope, escoitamos, botamos unhas risas e lembramos que os libros son coma agasallos cheos de ledicia e aprendizaxes.




Para rematar por todo o alto coa celebración, o día seguiste, dende biblioteca nos fixeron un agasallo moi doce e moi bonito en forma de libros e chuches para saborear un premio por ter a nos a biblioteca de aula tan ordenada. Ata nos dieron un diploma!



Para rematar a semana tivemos unha sorpresa. Temos que felicitar os compañeiros que nos agasallaron co conto de "Frederick" facendo eles de contacontos! 
Non o coñeciamos e gustounos un montón.




Vaga a pena ler, amar e coidar os libros!





4 abr 2014

O CINE DESTE MES

Estamos a aprender moitos valores nas sesións de cine; desta volta traballamos o poder da imaxinación de cara á vida cotiá. Axudounos a grande creatividade das nenas protagonistas de "Mi vecino Totoro". Pasámolo en grande cunha historia chea de seres imaxinarios e aprendemos que o noso día a día preséntanos problemas que podemos resolver cun cachiño de fantasía.

Estes son os nosos Totoros.


Imaxina e vencerás!!

3 abr 2014

NOVAS PRIMAVERAIS

Este mes foi do máis intenso así que merécese un recordatorio en forma de boletín informativo do que está a acontecer nas nosas aulas.

Click to play this Smilebox newsletter


E seguimos a traballar !

21 mar 2014

FALAMOS CON MAITREYA!!!

Maitreya está no Perú, en América, visitando aos seus amigos. Logramos contactar con el a través de videoconferencia, para saudalo e facerlle algunhas preguntas. Aínda que falamos con el ás 13:30 horas, estaba recén levantado, porque no Perú o sol sae máis tarde que en Galicia; alí eran as 7:30 da mañá. Estabamos moi emocionados!!




Viaxando aprendemos moitísimo!

12 mar 2014

BUCEANDO POLO ANTROIDO

Co gallo de reciclar fixemos os nosos disfraces de antroido con materiais de andar por casa. Como non podía ser doutro xeito, a temática estivo relacionada có noso proxecto "osíxeno" e por iso fomos de...buzos!
Dounos moito traballo pero cunhas medias vellas de mamá, unha botella de refresco, o chupete de cando eramos cativos e o tubo co que nos agasallou a tenda de mobles "Reboredo", fixemos un disfraz artesán pero do máis molón. Queres ver como o fixemos?




A que tomaches osíxeno connosco?

10 mar 2014

HOXE FOMOS O CINE

Nesta ocasión estivemos analizando a importancia do inxenio a través das aventuras de "Kirikú y las bestias salvajes". Tivemos a ocasión de disfrutar coa película e de trabajar as matemáticas sumando os euros que remos aforrados da paga semanal, para pagar a entrada. Ainda que vai cara, vaga a pena pagar os 5,50 euros. Algúns tiñan de sobra pero temos que seguir aforrando cara a próxima.


Non paramos!

6 mar 2014

LECTURAS FAVORITAS DE FEBREIRO

Fichas ben bonitas as feitas este mes; estamos afiando o inxenio. Se clicades na imaxe veredes algunhas das que se fixeron con maior detalle e cariño.


As lecturas deste mes deixaron unhas fichas moi chulas. Se clicades na imaxe veredes algunhas das máis traballadas.


Facemos o traballo para que quede o mellor posible!

20 feb 2014

SEGUIMOS A RECICLAR

Os nosos compañeiros maiores están a compartir connosco todo o que saben sobre a reciclaxe. Queres velo?


Click to play this Smilebox newsletter

Fixérono xenial!

14 feb 2014

TEMOS MOITO CORAZÓN

No noso proxecto estamos a estudar o sistema circulatorio, onde o gran protagonista é …o corazón! Aprendemos que impulsa o sangue, que axuda a repartir nutrientes e que cada latido ten dous movementos que son a sístole e a diástole. Pero tamen aprendemos que somos capaces de facer mellor as cousas se lle poñemos "corazón" e que late con máis forza cando nos emocionamos frente a xente que queremos. 

Por todo isto e co gallo do día de San Valentín, decidimos facer moitos corazóns en papel para construir uns bonitos animais e poder agasallar a alguén.
Primeiro coloreamos os corazóns con moito mimo para logo recortalos con coidado.











De seguido nos puxemos a pegar as pezas e o final Manu, Brais e Joél fixeron as fotos co noso ipad para facer un collague fotográfico e o resultado






 Un agasallo do máis amoroso!






10 feb 2014

RECICLÍN, RECICLAN...QUE FARAN?

Os de segundo andamos cunha teima dende fai tempo: como axudar o noso planeta? E atopamos un xeito educativo e divertido de facelo.
Unha pista é que estamos a reciclar. A materia prima é un material que empregamos moito.
 O noso proxecto "Osíxeno" está a nos concienciar da importancia das árbores para a nosa contorna, e xa sabemos que son moi valiosos. Por iso queremos aproveitar o máximo o que nos ofrecen sen desperdiciar nin un chisco.
 Con esta técnica, evitamos que se corten tantos e de paso estamos a divertirnos, traballando en equipo e aprendendo.


Xa sabes que andamos argallando? Por si acaso velahí vai outra pista en forma de fotos.....


 Eu creo que xa está claro pero...




A derradeira pista.




Divertirse, aprender e reciclar

2 feb 2014

CREANDO PAZ

Co gallo do día da paz, estivemos traballando toda a semana para chegar a entender mellor o senso desta fermosa palabra.
 Comezamos traballando a figura de Nelson Mandela e aprendimos que non nos gusta nada o "aparheid" porque fixemos un na nosa aula! Non é doado estar excluido e sentirse diferente sen entrar en conflictos, non si?
 Descubrimos que todos somos iguais pero tamen diferentes, e que iso non pode levarnos a conductas racistas, como comprobamos cos cortos de Pixar que disfrutamos no noso proyecto mensual "Valórame- Valórate". Unha sesión de cine "pacífica" e moi educativa.
Como xa nos vimos moi preparados , decidimos reconciliar nunha ficha "Os amigos irreconciliables" e así puxemos xuntos a auga e o enchufe, o poli co ladrón, o can e o gato...
Tamen traballamos a reo para facer un marcapáxinas que cambiamos na nosa casa por un alimento non perecedeiro . Xuntamos unha morea de comida que axudará a moita xentiña duna institución benéfica.
E coma non pode faltar a música, nos xuntamos no recreo e cantamos unha canción pola paz onde ata os profes fixeron de músicos!



Unha xornada especial pola verba máis bonita




26 ene 2014

RECOPILANDO AS WEBS DO PROXECTO O2

Clicando na imaxe de abaixo iredes ao Symbaloo do Proxecto O2. 
Nel atoparedes as páxinas vistas en clase.



Espero que tiredes proveito!

22 ene 2014

LECTURAS FAVORITAS DE XANEIRO


As lecturas deste mes deixaron unhas fichas moi chulas. Se clicades na imaxe veredes algunhas das máis traballadas.

https://skydrive.live.com/redir?resid=4496B3C1B961A63B!2012&authkey=!AATzndYWjfcCNMY&ithint=folder%2c.jpg

Seguide traballando así de ben!

10 ene 2014

QUEN VISITOU O NOSO COLE?

Onte chegamos o colexio depois dunha longa tempada de vacacións e atopámonos cos nosos compañeiros e mestres. Pero iso non foi todo!
 Averiguamos que os Reis Magos e Papá Noel tamén estiveron polo noso centro. Deberon ler as nosas cartas porque deixaron dous paquetiños para cada aula do ciclo e cando os abrimos, atopamos uns xogos e uns puzzles moi divertidos. Así é moito máis doado comezar a traballar. Grazas!


Click to play this Smilebox tarjeta

5 ene 2014

UN AGASALLO ANTES DA NOITE DE REIS

Nesta noite tan especial, un agasallo por adiantado. Un curto deses que recordan que aprendemos de todos os que están preto de nos, pero que cada un temos unha forma de afrontar o mesmo problema . E iso é o bó!.