26 mar 2012

RECITAMOS “Astronauta Semanal”!

Os de segundo montamos un estudio de gravación en Bibliomosteiro. Aquí deixámosvos pequenas mostras do noso talento!

SAÍDA: Salón do Libro

salon libroO próximo mércores 28 de marzo todo o primeiro ciclo realizaremos unha saída a Pontevedra. Visitaremos o Salón do Libro e a Illa das Esculturas.
Voltaremos antes das 14.00h.
Non vos esquezades de cubrir as autorizacións!

23 mar 2012

Vestimos a árbore de primavera!

 

Levamos todo o curso decorando as árbores de 2º con traxes especiais segundo a ocasión… (Samaín, Magosto, Nadal, San Valentín,…)
Hoxe celébramos nas aulas de segundo o Día da árbore e recibimos á primavera con: bolboretas revoltosas e paxarelas coloridas!

Paxarela de papel

Os nenos e nenas de segundo estamos a practicar nas clases de plástica o origami ou arte de orixe xaponesa consistente na pregadura de papel para obter figuras de formas variadas. No origami non se utilizan tesoiras nin pegamento ou grampas, tan só o papel e as mans (e un chisquiño de paciencia e atención).
Queres aprender?

21 mar 2012

Obradoiro de poesía

Foto 21-03-12 13 07 15

O alumnado de 2º está participando nun obradoiro de recitado de poemas.

Hoxe celébrase o Día Mundial da poesía e queremos recomendar o libro co que estamos a traballar: “Poemas con Piruleta” de Carlos Fontes.

Nos próximos días subiremos os vídeos e unha recopilación de tomas falsas. Disfrutade moito!

15 mar 2012

Un conto viaxeiro...

O alumnado de primeiro ciclo elaborou este conto arrepiante para participar no "Certame de Relatos de Medo" de Bibliomosteiro no Samaín 2011.

Fíxádevos no ben que escribimos e ilustramos as nosas creacións!

13 mar 2012

"Porque te quiero..."

Os nenos e nenas de 2º de primaria quixeron facer un agasallo diferente e puxeron neste traballo os seu corazóns.
Está adicado a todos os que teñen un lugar moi especial nas nosas vidas e por iso... ti estas incluido!

VÍDEO 2ºA        VÍDEO 2ºB

8 mar 2012

Os nosos nomes

O alumnado de segundo curso fixo este traballo con motivo da celebración do Día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas o 20 de Novembro do 2011.
Grazas a todas as familias pola súa colaboración!

Canción: "Los planetas" de Enrique y Ana

CANTA CONNOSCO!!!
Os de segundo estamos traballando no Proxecto Documental Integrado (PDI): Planeta Terra. Estes días estamos aprendendo moitas cousas sobre o Universo e o Sistema Solar.

Es quen de atopar os erros nesta canción?

4 mar 2012

Benvidos ao noso Blog!

O profesorado  e alumnado do primeiro ciclo de primaria está de estrea… Xa naceu o noso Blog!

A finalidade do mesmo é achegarvos ás aulas dos vosos fillos e fillas e compartir as nosas experiencias.
Non te esquezas de colaborar e participar…

Esperamos que vos guste moito!