23 abr 2012

DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase o Día do Libro e o alumnado de primeiro ciclo vai a deselvolver varias actividades ao longo da semana. Podes descargar o comic e a lenda de Sant Jordi se premes nas palabras destacadas.
Se queres aprender algo máis sobre a Historia do Día do Libro mira esta presentación.



22 abr 2012

RECITAMOS “Astronauta Semanal”! (segunda parte…)

Lembraste? O pasado 21 de marzo montamos un estudio de gravación en Bibliomosteiro con motivo da celebración do Día Mundial da poesía. “Astronauta semanal” é o poema recitado polo alumnado e está recollido no libro “Poemas con piruleta” de Carlos Fontes. Preme nos enlaces para ver as nosas videomontaxes.
LUCES-CÁMARA….ACCIÓN!
13      9      untitled

16 abr 2012

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Foto 16-04-12 13 27 04
Hoxe o alumnado do primeiro ciclo participou nunha actividade sobre Educación Vial. Como complemento á mesma, o vindeiro venres 20 pola tarde e o sábado 21 pola mañá haberá un Parque móvil no patio do centro destinado ao alumnado de 1º a 4º de primaria.
No tempo de lecer… non te esquezas de aprender!

11 abr 2012

ÁLBUM DE FOTOS: Saída a Pontevedra.

O 28 de marzo, todo o alumnado de primeiro ciclo fixemos unha saída cultural a Pontevedra.
A primeira actividade que realizamos consistía nunha pescuda de pezas duns crebacabezas que estaban agachadas pola Illa das esculturas.  Para atopalas era preciso seguir unhas pistas… e traballar en equipo!
Despois, rematamos a xornada visitando o Salón do Libro no Pazo da Cultura que este ano adicaba a súa exposición ás supersticións.