26 feb 2013

TARTARUGAS

Tarde non era! O entroido deste ano foi do máis divertido.
Os de primeiro fixemos os traxes con material de refugallo e pinturas… aprendimos un montón de técnicas plásticas e traballamos organizados en equipo. O resultado o podedes comprobar no álbum de fotos e no vídeo.


Se queres ver máis fotografías doutros cursos consulta no blog Bibliomosteiro.
Unha imaxe vale máis que…MIL PALABRAS!

CINE EN VALORES: BRAVE (INDOMABLE)

Gustouvos a película de este mes? Deixámosvos o video clip do tema principal da Banda sonora para que traballedes na aula de música.

18 feb 2013

CANCIÓN DE FEBREIRO

Con un pouco de retraso chega a nosa canción de febreiro. Este mes é pequeniño pero está resultando do máis cantarín… recibímolo coa canción da Paz, festexámolo coa copla do Entroido e agora estamos coa propia do noso “Almanaque Musical”.
O PIRATA METEPATA. Mamá cabra.


Saúdos piratas!