Buscar neste blog
26 mar 2012
RECITAMOS “Astronauta Semanal”!
Os de segundo montamos un estudio de gravación en Bibliomosteiro. Aquí deixámosvos pequenas mostras do noso talento!
SAÍDA: Salón do Libro
23 mar 2012
Vestimos a árbore de primavera!
Levamos todo o curso decorando as árbores de 2º con traxes especiais segundo a ocasión… (Samaín, Magosto, Nadal, San Valentín,…)
Hoxe celébramos nas aulas de segundo o Día da árbore e recibimos á primavera con: bolboretas revoltosas e paxarelas coloridas!
Paxarela de papel
Os nenos e nenas de segundo estamos a practicar nas clases de plástica o origami ou arte de orixe xaponesa consistente na pregadura de papel para obter figuras de formas variadas. No origami non se utilizan tesoiras nin pegamento ou grampas, tan só o papel e as mans (e un chisquiño de paciencia e atención).
Queres aprender?
21 mar 2012
Obradoiro de poesía
O alumnado de 2º está participando nun obradoiro de recitado de poemas.
Hoxe celébrase o Día Mundial da poesía e queremos recomendar o libro co que estamos a traballar: “Poemas con Piruleta” de Carlos Fontes.
Nos próximos días subiremos os vídeos e unha recopilación de tomas falsas. Disfrutade moito!
20 mar 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)