O pasado domingo o alumnado de segundo felicitou a todas as nais… Queremos que vexades os preparativos da vosa sorpresa na…
I EDICIÓN EN BANDA DESEÑADA: “COSE QUE COSE” !!! Elaborada en Bibliomosteiro por todos os nenos e nenas.
Buscar neste blog
11 may 2012
23 abr 2012
DÍA DO LIBRO
22 abr 2012
RECITAMOS “Astronauta Semanal”! (segunda parte…)
Lembraste? O pasado 21 de marzo montamos un estudio de gravación en Bibliomosteiro con motivo da celebración do Día Mundial da poesía. “Astronauta semanal” é o poema recitado polo alumnado e está recollido no libro “Poemas con piruleta” de Carlos Fontes. Preme nos enlaces para ver as nosas videomontaxes.
LUCES-CÁMARA….ACCIÓN!
16 abr 2012
XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL
Hoxe o alumnado do primeiro ciclo participou nunha actividade sobre Educación Vial. Como complemento á mesma, o vindeiro venres 20 pola tarde e o sábado 21 pola mañá haberá un Parque móvil no patio do centro destinado ao alumnado de 1º a 4º de primaria.
No tempo de lecer… non te esquezas de aprender!
11 abr 2012
ÁLBUM DE FOTOS: Saída a Pontevedra.
O 28 de marzo, todo o alumnado de primeiro ciclo fixemos unha saída cultural a Pontevedra.
A primeira actividade que realizamos consistía nunha pescuda de pezas duns crebacabezas que estaban agachadas pola Illa das esculturas. Para atopalas era preciso seguir unhas pistas… e traballar en equipo! Despois, rematamos a xornada visitando o Salón do Libro no Pazo da Cultura que este ano adicaba a súa exposición ás supersticións.
26 mar 2012
RECITAMOS “Astronauta Semanal”!
Os de segundo montamos un estudio de gravación en Bibliomosteiro. Aquí deixámosvos pequenas mostras do noso talento!
SAÍDA: Salón do Libro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)