24 sept 2012

BENVIDOS AO 1º CICLO!

Comezamos este novo curso 2012-2013 con 25 compañeiros en primeiro…

PEDRO MIRIAM SARA CRISTINA CARLA M. INÉS

 JAIRO MANUEL JULIO JUDITH CARLA S.

REBECA TAMARA SARA B. SARA F. CANDELA

LORETO JOEL LUciA BRAIS RAUL JUDITH

 CARLA BELTRÁN MANUEL

Os de segundo medraron tanto este verán que atopámolos descoñecidos… Mirade como acolleron aos novos compañeiros nesta actividade sorpresa…

Xa por último, queremos recordar aos compañeiros que pasan a terceiro cun vídeo da súa actuación no Festival de Fin de curso do pasado xuño.

Non deixedes de visitarnos e moita sorte en terceiro!!!

17 jun 2012

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

     Dende o primeiro ciclo queremos agradecer ás familias a colaboración coa excursión.

    Aínda que o alumnado viña moi ben preparado para as inclemencias atmosféricas... deberiades bocadilloster en conta para a próxima vez que nunha excursión de "aventura campestre" os nenos teñen dificultades para comer con cubertos se non hai apoio...

    Bocadillos, empanadillas, froita, bebibles, son a mellor solución!

    O máis importante é o orgullosos que nos sentimos os profes de ter viaxado con este grupo numeroso e o ben que se comportaron!

    Como vén sendo habitual deixámosvos un álbum de fotos que vos permite descargar os arquivos e... algo máis que vídeos!

PRÓXIMAMENTE…

PDI: Planeta Terra

IMG_0921

Comezamos a segunda parte do noso proxecto alá polo mes de marzo co gallo da celebración do Día da Árbore e a chegada da Primavera o día 23. Lémbraste?

As nosas actividades viaxan da man de varias datas importantes que nos permiten aprender unha morea de cousas sobre o noso planeta…

 

23 DE ABRIL: DÍA DA TERRA.

Actividade de compostaxe cos compañeiros de 2ºPDC.

5 DE XUÑO: DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE.

Visita do contador Anxo Moure.

7 DE XUÑO: DÍA DOS OCÉANOS.

Actividades con Atlas, planisferio e mapas.

Non te perdas nos vindeiros días a publicación dos nosos traballos!!!

13 jun 2012

MAPAS INTERACTIVOS

20080221163903-pcRecomendamos unha páxina web para xogar con mapas interactivos en distintos idiomas.

http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos

As “profas” fixemos esta selección dos relacionados co noso Proxecto:

OCÉANOS E CONTINENTES. ONDE ESTÁ?

onde esta continentes oceanos

OCÉANOS E CONTINENTES. COMO SE CHAMA?

COMOSECHAMA

CREBACABEZAS PAÍSES DE EUROPA.

EUROPA

ONDE ESTÁ? COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA.

ESPAÑA

PROVINCIAS GALICIA

PROVINCIAS GALICIA

CREBACABEZAS COMARCAS DE GALICIA

COMARCAS

CANCIÓN: A Choiva (Ciclo da auga)

 

“Entendemos o ciclo da auga

escoitando unha canción.

Todos xuntos a aprendemos

e practicando…non a esquecemos!

Alumnado de 2ºcurso de primaria.

12 jun 2012

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Os días 7 e 8 de xuño recibimos no centro a visita do alumnado do CRA de Meis que se incorpora ao 1º ciclo e ao alumnado de 6º do CEIP de Armenteira que comeza a etapa da ESO no vindeiro curso 2012-2013.

O Departamento de Orientación e o profesorado dos Ciclos organizaron diferentes actividades co obxectivo de dar a coñecer os espazos e organización do centro e fomentar a convivencia entre os participantes.

Estas son algunhas das actividades levadas a cabo: