Buscar neste blog
20 oct 2012
XIMNASIA PARA A LINGUA
24 sept 2012
BENVIDOS AO 1º CICLO!
Comezamos este novo curso 2012-2013 con 25 compañeiros en primeiro…
PEDRO MIRIAM SARA CRISTINA CARLA M. INÉS
JAIRO MANUEL JULIO JUDITH CARLA S.
REBECA TAMARA SARA B. SARA F. CANDELA
LORETO JOEL LUciA BRAIS RAUL JUDITH
CARLA BELTRÁN MANUEL
Os de segundo medraron tanto este verán que atopámolos descoñecidos… Mirade como acolleron aos novos compañeiros nesta actividade sorpresa…
Xa por último, queremos recordar aos compañeiros que pasan a terceiro cun vídeo da súa actuación no Festival de Fin de curso do pasado xuño.
Non deixedes de visitarnos e moita sorte en terceiro!!!
20 jun 2012
17 jun 2012
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Dende o primeiro ciclo queremos agradecer ás familias a colaboración coa excursión.
Aínda que o alumnado viña moi ben preparado para as inclemencias atmosféricas... deberiades ter en conta para a próxima vez que nunha excursión de "aventura campestre" os nenos teñen dificultades para comer con cubertos se non hai apoio...
Bocadillos, empanadillas, froita, bebibles, son a mellor solución!
O máis importante é o orgullosos que nos sentimos os profes de ter viaxado con este grupo numeroso e o ben que se comportaron!
Como vén sendo habitual deixámosvos un álbum de fotos que vos permite descargar os arquivos e... algo máis que vídeos!
PRÓXIMAMENTE…
PDI: Planeta Terra
Comezamos a segunda parte do noso proxecto alá polo mes de marzo co gallo da celebración do Día da Árbore e a chegada da Primavera o día 23. Lémbraste?
As nosas actividades viaxan da man de varias datas importantes que nos permiten aprender unha morea de cousas sobre o noso planeta…
23 DE ABRIL: DÍA DA TERRA.
Actividade de compostaxe cos compañeiros de 2ºPDC.
5 DE XUÑO: DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE.
Visita do contador Anxo Moure.
7 DE XUÑO: DÍA DOS OCÉANOS.
Actividades con Atlas, planisferio e mapas.
Non te perdas nos vindeiros días a publicación dos nosos traballos!!!
13 jun 2012
MAPAS INTERACTIVOS
Recomendamos unha páxina web para xogar con mapas interactivos en distintos idiomas.
http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos
As “profas” fixemos esta selección dos relacionados co noso Proxecto:
OCÉANOS E CONTINENTES. ONDE ESTÁ?
OCÉANOS E CONTINENTES. COMO SE CHAMA?
CREBACABEZAS PAÍSES DE EUROPA.
ONDE ESTÁ? COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA.
PROVINCIAS GALICIA
CREBACABEZAS COMARCAS DE GALICIA
CANCIÓN: A Choiva (Ciclo da auga)
“Entendemos o ciclo da auga
escoitando unha canción.
Todos xuntos a aprendemos
e practicando…non a esquecemos!
Alumnado de 2ºcurso de primaria.