Tarde non era! O entroido deste ano foi do máis divertido. Os de primeiro fixemos os traxes con material de refugallo e pinturas… aprendimos un montón de técnicas plásticas e traballamos organizados en equipo. O resultado o podedes comprobar no álbum de fotos e no vídeo.
Se queres ver máis fotografías doutros cursos consulta no blog Bibliomosteiro. Unha imaxe vale máis que…MIL PALABRAS!
Con un pouco de retraso chega a nosa canción de febreiro. Este mes é pequeniño pero está resultando do máis cantarín… recibímolo coa canción da Paz, festexámolo coa copla do Entroido e agora estamos coa propia do noso “Almanaque Musical”.
SINOPSE: Un grupo de intrépidos/-as rapaces e rapazas da actualidade deciden solicitar axuda aos heroes e heroínas dos cómics e das series de debuxos animados para ir ao BOSQUE DA POESÍA, lugar que se atopa no corazón dunha fraga galega. Deste xeito personaxes como BOB ESPONXA, SPIDERMAN, BATMAN, DORA, A EXPLORADORA, etc. prestaranlles os seus poderes para que recuperen a espada máxica e así habite para sempre A PAZ, A CULTURA e A EDUCACIÓN entre os nenos e as nenas de todo o mundo.Iniciarán, polo tanto, unha arriscada viaxe na que se terán que enfrontar con inimigos que lles poñerán diversas probas, que só coa colaboración de todos/-as poderán superar para así acadar por fin o seu nobre obxectivo.
Este espectáculo procura o achegamento ao público infantil de valores como a SOLIDARIEDADE, O COMPAÑEIRISMO, O RESPECTO POLO MEDIOAMBIENTE, A CULTURA DA PAZ, etc. Todo isto será realizado sempre desde un prisma cómico e reflexivo.
Ao remate da obra, o alumnado de primaria conmemorará o Día Escolar da non violencia e a Paz cantando cancións, recitará poesías,etc. … no mesmo salón de actos do Auditorio.
Ademáis, durante estes días nas aulas do primeiro ciclo tamén se desenvolven actividades relacionadas como a realización de pombas da paz, “PAZlabras”, Cine en Valores, lecturas de contos de paz,…sen esquecer que todos os días do ano son… DÍAS DE PAZ.
Conoceis a Elmer? Los alumnos y alumnas de 2ºA estuvieron trabajando sobre este simpático elefante de colores durante todo un mes. Hicieron un proyecto común en el que lo más importante era TRABAJAR EN EQUIPO. Y lo consiguieron!