31 oct 2013

SAMAÍN 2013

Este ano a celebración do Samaín tivo algunha novidade con respecto a edicións anteriores… este ano tivemos que elaborar coas familias ademais das tradicionais cabazas uns feitizos e meigallos do mais creativo!

25 oct 2013

O NOSO CORPO

No noso proxecto "Osíxeno" estamos aprendendo moitas cousas sobre o noso corpo. Coma a profe Pilar Mateos sabe moitos contos relacionados co tema,  estivo na nosa aula amosándonos  dous libros marabillosos e simpáticos. Botamos moitas risas (sobre todo co remate dos contos!), pasámolo moi ben… e por iso convidamos a profe a que volte a nosas aulas sempre que teña un pouquiño de tempo.

Queres saber que libros nos contou?
Click to play this Smilebox newsletter

18 oct 2013

17 oct 2013

O SISTEMA NERVIOSO

Os de 2º estamos a traballar na primeira parte do proxecto Osíxeno: O CORPO HUMANO. Aquí deixamos un vídeo con información para realizar as pescudas do noso traballo!

Escoita este vídeo atentamente…

NÓS PARTICIPAMOS!

Bibliomosteiro convocou un concurso de carteis de Animación á Lectura. Mirade que artistas os de 2º… e que participativos! Xa están todos expostos no vestíbulo da primeira planta.

Grazas ás familias por colaborar!

IMG_0689IMG_0688

IMG_0690 IMG_0692

15 oct 2013

DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

Hoxe martes 15 de outubro celébrase o Día Mundial do Lavado de mans. Os de 2º estamos a estudiar  o corpo humano na primeira parte do Proxecto Osíxeno e a hixiene é un dos contidos importantes que traballamos co tocante ao coidado do noso corpo.

Escoita a canción Dos Lunnies… aprende e…

Non o esquezas… hai que lavar as mans!