21 dic 2012

FELICES FESTAS!!!

Hoxe comezamos as vacacións de Nadal. Nos vos esquezades de xogar, descansar, facer cousas boas e ler e escribir moito. As “profas” queren deixarvos unhas sorpresas.
Preme nas imaxes e…
969v2NWCB0RgWI3YLucq34Fg   82sDAmzcxcRZGYTfAnt_MAYQ35dRyz9fw6QkqBvjP6IKIT_A   07MUy5XYO1Rl-8sd5L3M5-oA

O SALÓN

Durante o mes de decembro o alumnado do primeiro ciclo adicouse a tarefas de decoración do espazo común.
En vez de “montar o Belén…”, montamos un salón! Que non é calquera cousa, eh? Cada detalle ten o seu “aquel”…
Por exemplo: os cadros foron traballos para conmemorar os Días dos Dereitos Humanos e o Día da Infancia o 10 de decembro e 20 de novembro respectivamente; os adornos navideños, conteñen os desexos do alumnado para o Nadal… etc.
DSC_0038
Se queres descubrir como o fixemos non te perdas o seguinte video:

14 dic 2012

DíA DOS DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro celebramos o Día dos Dereitos Humanos. Cada curso programamos diferentes actividades para aprender un pouco máis sobre catro dos dereitos máis importantes: houbo actividades de lecto-escritura, de debuxo, de investigación, contacontos... e sobre todo, moito, moito TRABALLO EN EQUIPO.Click to play this Smilebox scrapbook

 

 Todos e todas temos os nosos dereitos!

CO CONTO DE LER

Nas aulas de primeiro, AL e PT apoiamos as aprendizaxes da lectura e escritura a través duns contos moi divertidos!

As historias acontecen na aldea de Cacaleque a través das personaxes: Rafa, Loló, Pepe, Finín, Tururú e moitos amigos máis.

Dende aquí podedes imprimir os carteis para colorear as letras e dígrafos:

Ademáis, se estás interesado en usar estes materiais podes contactar cos autores no seguinte enderezo:

CO CONTO DE LER.. CONTOS PARA LER E ESCRIBIR.

Autores: José María Heras Varela / Pilar Martínez Mateos                 Ilustración: Sonia Ruiz

cocontodeler@gmail.com

Un agasallo para o noso alumnado!

12 dic 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Hoxe ás 12:00h do 12-12-2012 no CPI de MOSTEIRO faremos unha homenaxe ao escritor galego Celso Emilio Ferreiro no patio cunha lectura colectiva dun poema seu.

No día de hoxe moitas escolas galegas conmemoran en diversos actos o centenario do seu nacemento.

Ademáis, os compañeiros da ESO visitáronnos esta mañá nas aulas de primaria para agasallarnos con outro poema.

Os de primeiro tamén queremos compartir algo…

Atopamos unha canción recitada pola personaxe Shin Chan que nos gusta…

…porque sí!

… e porque algunhas das súas frases parecen estar inspiradas nas verbas de Celso Emilio!

Letra:

Chasca rachasca rachás

Ai lalelo ai lalalo o galego hai que falalo.

Chasca rachasca rachás

Ai lalalo ai lalelo o que é meu teño que defendelo.

Chasca rachasca rachás

Falo galego porque quero,

porque me gusta e porque me peta.

Falo galego porque sí…

Chasca rachasca rachás.

Porque me sae de alí.

Digo de dentro senón o digo rebento!

Chasca rachasca rachás. Chis pun!

Canta connosco!

 

11 dic 2012

ALMANAQUE MUSICAL

O alumnado de primeiro está a traballar nas rutinas de aula un almanaque musical a través das cancións de Mamá Cabra e a ficha diaria.
Deixámosvos os arquivos de audio para practicar na casa e as fichas para imprimir.
calendario color_Pgina_1
DECEMBRO

NOVEMBRO

OUTUBRO

SETEMBRO

…mes a mes… de canción en canción!

5 dic 2012

NOVAS DESTES DÍAS

Estas son algunhas  das cousas que están a acontecer no centro contadas polas reporteiras máis dicharacheiras…

Click to play this Smilebox newsletter

image

Abraiante… non si?


25 nov 2012

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

ADIVIÑA…

Ten pelexo coma a xente

e é moi boa para comer;

chega polo mes de Santos

e todo o ano a tés!

Adiviñas?

19 nov 2012

OBRADOIRO DE COSTURA

Co gallo do Magosto os nenos e nenas de 2ºA fixeron unha manualidade moi laboriosa. Xa o curso pasado aprenderan a coser, pero este ano son expertos. E además traballan a concentración, a paciencia, a orientación espacial, a psicomotricidade fina...

Click to play this Smilebox slideshow
Animádesvos a probar?

15 nov 2012

PREMIOS DE SAMAÍN

Deixámosvos  un vídeo co resumo das entregas de premios do Certame de Relatos de medo e o Concurso de cabazas.

Grazas a todas as familias pola colaboración e participación!

14 nov 2012

UN SAMAÍN DE MEDO!

Neste tempo de Samaín, os nenos e nenas de 1º traballamos arreo! Fixemos arañas peludas, debuxos fantásticos e bandeirolas monstrosas para decorar as aulas, a Biblio…

Queredes ver como?

 
Click to play this Smilebox slideshow
 
 
 

BOTAMOS OS MEDOS FÓRA

00portadaPresentamos o libro colectivo dos meniños de primeiro que fixeron co gallo do Concurso de Relatos de Medo, Samaín 2012. Esperamos que non pasedes…
…UN MEDO BESTIAL!!!

SAMAÍN NAS AULAS DE 2º

Para participar no concurso de relatos de medo do CPI Mosteiro-Meis o alumnado de 2º fixemos este traballo.
 
Click to play this Smilebox slideshow
 
 

Estivo de medo...verdade?

 

20 oct 2012

XIMNASIA PARA A LINGUA

Dende a aula de Audición e Linguaxe achégannos esta libreta de exercicios bucofonatorios para fortalecer a lingua e lograr unha mellor pronuncia.

Entrena a túa lingua!

24 sept 2012

BENVIDOS AO 1º CICLO!

Comezamos este novo curso 2012-2013 con 25 compañeiros en primeiro…

PEDRO MIRIAM SARA CRISTINA CARLA M. INÉS

 JAIRO MANUEL JULIO JUDITH CARLA S.

REBECA TAMARA SARA B. SARA F. CANDELA

LORETO JOEL LUciA BRAIS RAUL JUDITH

 CARLA BELTRÁN MANUEL

Os de segundo medraron tanto este verán que atopámolos descoñecidos… Mirade como acolleron aos novos compañeiros nesta actividade sorpresa…

Xa por último, queremos recordar aos compañeiros que pasan a terceiro cun vídeo da súa actuación no Festival de Fin de curso do pasado xuño.

Non deixedes de visitarnos e moita sorte en terceiro!!!

17 jun 2012

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

     Dende o primeiro ciclo queremos agradecer ás familias a colaboración coa excursión.

    Aínda que o alumnado viña moi ben preparado para as inclemencias atmosféricas... deberiades bocadilloster en conta para a próxima vez que nunha excursión de "aventura campestre" os nenos teñen dificultades para comer con cubertos se non hai apoio...

    Bocadillos, empanadillas, froita, bebibles, son a mellor solución!

    O máis importante é o orgullosos que nos sentimos os profes de ter viaxado con este grupo numeroso e o ben que se comportaron!

    Como vén sendo habitual deixámosvos un álbum de fotos que vos permite descargar os arquivos e... algo máis que vídeos!

PRÓXIMAMENTE…

PDI: Planeta Terra

IMG_0921

Comezamos a segunda parte do noso proxecto alá polo mes de marzo co gallo da celebración do Día da Árbore e a chegada da Primavera o día 23. Lémbraste?

As nosas actividades viaxan da man de varias datas importantes que nos permiten aprender unha morea de cousas sobre o noso planeta…

 

23 DE ABRIL: DÍA DA TERRA.

Actividade de compostaxe cos compañeiros de 2ºPDC.

5 DE XUÑO: DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE.

Visita do contador Anxo Moure.

7 DE XUÑO: DÍA DOS OCÉANOS.

Actividades con Atlas, planisferio e mapas.

Non te perdas nos vindeiros días a publicación dos nosos traballos!!!

13 jun 2012

MAPAS INTERACTIVOS

20080221163903-pcRecomendamos unha páxina web para xogar con mapas interactivos en distintos idiomas.

http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos

As “profas” fixemos esta selección dos relacionados co noso Proxecto:

OCÉANOS E CONTINENTES. ONDE ESTÁ?

onde esta continentes oceanos

OCÉANOS E CONTINENTES. COMO SE CHAMA?

COMOSECHAMA

CREBACABEZAS PAÍSES DE EUROPA.

EUROPA

ONDE ESTÁ? COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA.

ESPAÑA

PROVINCIAS GALICIA

PROVINCIAS GALICIA

CREBACABEZAS COMARCAS DE GALICIA

COMARCAS

CANCIÓN: A Choiva (Ciclo da auga)

 

“Entendemos o ciclo da auga

escoitando unha canción.

Todos xuntos a aprendemos

e practicando…non a esquecemos!

Alumnado de 2ºcurso de primaria.

12 jun 2012

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Os días 7 e 8 de xuño recibimos no centro a visita do alumnado do CRA de Meis que se incorpora ao 1º ciclo e ao alumnado de 6º do CEIP de Armenteira que comeza a etapa da ESO no vindeiro curso 2012-2013.

O Departamento de Orientación e o profesorado dos Ciclos organizaron diferentes actividades co obxectivo de dar a coñecer os espazos e organización do centro e fomentar a convivencia entre os participantes.

Estas son algunhas das actividades levadas a cabo:

11 jun 2012

UNIVERSO MIRÓ

Os meniños de 2º están rematando o curso traballando arreo. Estamos xa chegando ao desenlace do PDI polo que éstes días iremos colgando as presentacións dalgunhas actividades como a que podedes ver a continuación realizada no mes de marzo.
Ábrese o pano!

1 jun 2012

CONTACONTOS: A princesa Sabela

Para conmemorar o Día do Libro realizamos diversas actividades. A que amosamos a continuación é un contacontos onde os rapaces de segundo estiveron moi atentos e participativos.


Esperamos que vos guste moito!!!

31 may 2012

PREMIOS LAMBÓNS…

Os rapaces de segundo esfórzanse moito neste fin de curso e conseguen uns premios moi lambóns!!!
Aquí deixamos a receita das nubes de limón. Para que as poidan facer acompañados dun adulto e entendan todo o aprendido estes días na clase de matemáticas e coñecemento do medio sobre as medidas de capacidade, peso, temperatura, cantidades, estados da auga, etc.
 
Esperamos poder ver fotos dos vosos resultados!!!

IMG_2385   IMG_2405  
IMG_2386   IMG_2390  
IMG_2393   IMG_2407

IMG_2387   IMG_2409

IMG_2411   IMG_2412
IMG_2391   IMG_2415
INGREDIENTES

  • 1 Sobre + 1 cullerada sopera de xelatina de sabor (recomendamos framboesa)
  • 2 sobres de xelatina neutra
  • 200 g. de auga
  • 300g. de azucre
ELABORACIÓN
1º. Poñer a xelatina neutra, o azucre e a auga a quentar durante 5 minutos sen deixar de remexer.
2º. Engadimos a xelatina de sabor e quentamos 5 minutos máis sen deixar de remexer.
3º. Deixar enfriar (Pero non podes deixala moito tempo porque vólvese sólida. Ten que estar case fría e líquida!).
4º. Bater cunha batedora durante 6 minutos aproximadamente ata que teña textura esponxosa.
5º. Forrar unha bandexa con film transparente e botar a mistura enriba. Deixar enfriar a temperatura ambiente (8-12h.)
6º. Rebozar con fariña fina de millo do tipo “maizena” e cortar coa forma desexada. Serven os moldes de pastas e galletas.

mmmmmmmmmmmmmm…

SAÍDA FIN DE CURSO

O vindeiro xoves 14 de xuño realizaremos unha saída co alumnado do primeiro ciclo que constará de diversas actividades.

lagocastineiras    ecoparque retocada

ecoparque2 retocada    Museo_Pontevedra_11036TM

Pola mañá visitaremos unha exposición e participaremos nun obradoiro no Museo de Pontevedra, a continuación almorzaremos no entorno natural do Lago de Castiñeiras e para rematar a xornada haberá xogos multiaventura, actividade física e diversión no Ecoparque Municipal de Marín.

A chegada ao centro está prevista en torno as 19.00h.

Se queres saber algo máis sobre os lugares que visitaremos PREME NAS IMAXES!!!

30 may 2012

RECURSOS DIDÁCTICOS NA REDE

Hoxe queremos recomendar un recurso educativo para as familias e o noso alumnado. Trátase dun sitio web onde podedes xogar cun TRIVIAL EDUCATIVO adaptado aos diferentes niveis educativos e dividido en tres temáticas: Coñecemento do Medio, Lingua e Matemáticas.
20080221163903-pcPreme no seguinte enlace: http://www.testeando.es/
E non te esquezas que navegar no ordenar… cun maior é moito mellor!

21 may 2012

PREMIO LIEBSTER: “de blog en blog…”

Onte recibimos unha sorpresa moi especial! O blog amigo “O recanto de Leo”,  da Biblioteca do CEIP A Lama, concedeunos este premio.

 

O Premio Liebster é unha iniciativa para dar a coñecer pequenos blogs de non máis de 200 seguedores.

liebster-blog negro

Estamos todos moi emocionados xa que apenas levamos dous meses dende a nosa apertura!!!

…é moi gratificante! GRAZAS, RECANTO DE LEO!

 

O xeito de recibir o premio é a través dos comentarios na última entrada publicada. Agora nós tamén temos que continuar coa iniciativa Liebster e temos que seguir as seguintes  reglas:

  • Copiar e pegar o premio no noso blog e facer o enlace ao blog que o concedeu.
  • Premiar a outros 5 blogues amigos e comunicarllo a través dun comentario no seu blog.
  • Esperar que estes premien a outros cinco cada un…“de blog en blog”.

 

OS NOSOS CINCO BLOGUES GALARDOADOS SON…

  • Audición e Linguaxe. CEIP de Seixo (Marín). Por ser unha fonte de inspiración, coñecemento e consellos.
  • A Maga Tomasa. CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo). Por ensinar e compartir.
  • Os ghatos misteriosos. CEP Sequelo (Marín). Polo que temos en común.
  • Os pitufiñ@s. EEI de Samiera (Poio). Por facernos doado o “imposible”.
  • Bolboretas. 2º ciclo CEIP A Carballeira (Pontevedra). Pola experiencia compartida.

 

E a todos aqueles que sin estar aquí nomeados son iguais merecedores deste recoñecemento! GRAZAS!

15 may 2012

Recursos Didácticos: LETRAS GALEGAS 2012

Dende Bibliomosteiro achégannos unha páxina de recursos (Xogos Didácticos en liña, Actividades Lim, Webquest, etc.) para traballar a figura de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado este ano.

http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/index.html

 

    vpandrade     images

Para aprender no tempo de lecer!

14 may 2012

LIBROS DE IDA E VOLTA…

O día do Libro fixemos unha festa en Bibliomosteiro! Repartidos en dúas sesións, o alumnado de 1º e 2º de primaria participou nunha actividade que queremos compartir con todos!
“Fixemos unha actividade na Biblioteca onde saía un número de clase e tiñas que cambiar un libro co compañeiro da outra clase que ten o mesmo número ca ti. Alejandro Vilas.”
“O luns a mestra deunos de sorpresa un marcapáxinas coa nosa foto! Uxía.”
AGORA TODOS COMPARTIMOS ESTE ENORME AGASALLO!

 

 

 











Click to play this Smilebox presentación