17 dic 2013

A PROFE PILAR NOS FELICITA O NADAL

Esta semana está chea de sorpresas e unha das mais bonitas foi a postal e a carta que, a nosa profe Pilar,  mandounos para felicitarnos polo noso traballo asi como para desexarnos un Bo Nadal. Mandounos unha caixa de bombóns que estaban moi ricos e que desapareceron nun tris pero tamén nos preguntou cousas do noso proxecto relacionadas cos latidos do corazón dos bebes. Teremos que investigar para mandarlle unha boa resposta.

Moitas grazas profe!

 

1 comentario:

primeirociclocpimosteiro dijo...

Pero que sorpresa!
Encántame a entrada que fixestes no blogue... Non vos esquezades de animar as vosas familias para deixar comentarios como o que estou facendo agora.
Gustaríame ir esta semana a facervos una visita pero onte dixéronme que tiña anemia e ando algo cansa... Esto da anemia tamén está relacionado coa parte do proxecto onde investigades sobre o sangue e o Aparato circulatorio... Outra pista mais para aprender cousas sobre a vida cotiá e as enfermedades... A ver: quen é o primeiro en descubrir que substancia nutritiva teño que tomar...vitamina?, mineral? etc. XA NON DOU MAIS PISTAS, EH?PROFES: o primeiro que leve a solución terá un premio que corre da miña conta!
APERTAS E BICOS DE NADAL A TODOS!!!
A profa Pilar