17 dic 2013

UN AGASALLO MUSICAL

Hoxe visitounos a banda de musica da Escola Naval Militar de Marín. Disfrutamos dunha sesión de panxoliñas e música do mais variado pasando polo clásico "ande ande ande" ata versións moi animadas de Juanes ou de Abba. Disfrutamos moito, acompañando os ritmos coas palmas e cantando. Algunha compañeira de primero non deixou de bailar incluso estando sentada. Se queredes comprobalo....
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Create your own free digital collage


A PROFE PILAR NOS FELICITA O NADAL

Esta semana está chea de sorpresas e unha das mais bonitas foi a postal e a carta que, a nosa profe Pilar,  mandounos para felicitarnos polo noso traballo asi como para desexarnos un Bo Nadal. Mandounos unha caixa de bombóns que estaban moi ricos e que desapareceron nun tris pero tamén nos preguntou cousas do noso proxecto relacionadas cos latidos do corazón dos bebes. Teremos que investigar para mandarlle unha boa resposta.

Moitas grazas profe!

 

2 dic 2013

III DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO

Que ben o vimos de pasar nesta experiencia sensorial nas aulas de segundo! Non perdas detalle…

…o atrevemento,

…o descubrimento,

…os xestos,

…a sorpresa,

…o vestiario!

De seguro que despois do aprendido haberá peticións nas casas de productos descoñecidos previamente…

Por votación a granada foi o froito que mais sorprendeu aos catadores.

Tomade nota familias!

29 nov 2013

CINE EN VALORES. HOXE PROXECTAMOS RATATOULLE

Este curso continuaremos cun proxecto iniciado no 2012 polo que traballamos os valores nas aulas a través de películas de animación.

O Proxecto leva o título VALÓRAME-VALÓRATE e está orientado a traballar dous eixes básicos da educación en valores:

  • o respecto por nós mesmos,
  • e o respecto aos demais.

O traballo de cada película comeza cunha asemblea onde o respecto e tolerancia sobre as opinións dos demáis constitúen os valores clave da nosa relación na aula (alumnado e profesorado).

Ademais, seguindo a liña do noso traballo interdisciplinar engadimos actividades relacionadas coa Área de Coñecemento do Medio e Matemáticas (uso do calendario, compra das entradas con billetes e moedas,…).

Esta semana estreamos o filme Ratatoulle para traballar valores relacionados coa alimentación e alimentos saudables e o Proxecto (Parte I: Corpo Humano. Aparato Dixestivo e sentido do gusto).

poster-de-ratatouilleFICHA TÉCNICA

USA, 2007. Color, 35 mm.  Duración: 107 minutos. 

Dirección: Brad Bird (Jan Pinkava, codirector)       Guión: Brad Bird

Argumento: Jan Pinkava, Jim Capobianco y Brad Bird  Productor: Brad Lewis

Producción ejecutiva: John Lasseter y Adrew Stanton

Diseño de producción: Harley Jessup

Coordinación artística: David Park Montaje: Darren T. Holmes Música: Michael Giacchino

Dirección de fotografía: Sharon Calahan  

Supervisión técnica: Michael Fong   Productora: Pixar Animation Studios / Walt Disney Pictures

Distribuidora: Walt Disney Studios Home Entertainment

SINOPSE

Rémy é unha rata cun desenvolvido sentido do gusto e do olfacto que vive no campo coa súa familia: o seu pai e o seu irmán Émile. O seu maior desexo é cociñar, converterse en xefe de cociña..., aínda que sabe que é difícil porque é un roedor, unha especie odiada por todos os profesionais relacionados coa alimentación. Accidentalmente chega a París e instálase baixo o prestixioso restaurante do falecido Auguste Gusteau, unha estrela da cociña admirada por Rémy cuxo espírito o acompañará coma se se tratase da súa propia conciencia. Alí entra en contacto con Lingüini, un mozo orfo que se sente fracasado e que acaba de ser contratado como lavalouza. Ambos os dous forman un estraño equipo clandestino que pronto chama a atención polos seus bos resultados culinarios, aínda que este mini xefe de cociña de longos bigotes debe asumir que os da súa especie non son ben recibidos na cociña dun restaurante.
Colette, a única rapaza do equipo de cociñeiros, ensínalle a Lingüini os trucos da preparación dos alimentos e o xefe de cociña Skinner, que dirixe o restaurante dende o falecemento do fundador, desexa por riba de todo o fracaso da novo lavalouza porque ve perigar o seu prestixio e a propiedade do negocio. Rémy intervén para resolver todos os problemas que van sucedendo, aínda que necesitará os reforzos da súa propia familia para facer fronte ás trampas do xefe de cociña e ás críticas de Antón Ego, o mellor crítico de cociña do país. Pero, sobre todo, necesitará saber tomar decisións e confiar en si mesmo e nos demais para levar adiante a paixón da súa vida: cociñar alimentos deliciosos e saudables que provoquen sensacións de felicidade entre os comensais.

VENRES DE OCIO: DIA DAS LIBRARÍAS

Unha proposta para unha tarde en familia! Hoxe en todas as librarías celebran o seu día organizando diversas actividades para o fomento da lectura e animación como: encontros con autores, ofertas e descontos, etc.

Non deixes pasar a oportunidade e achégate a túa libraría de confianza!

casa k bueu

Sesión de animación á lectura na  libraría Casa K. Bueu.

Un libro sempre é un bo amigo… e un tesouro!

28 nov 2013

NA BIBLIOTECA…

 

Nesta semana estamos a voltas coa violencia de xenero e como nos custa moito entender eso de que a xente non se trate con cariño estamos “loitando” contra esa violencia a través das palabras.
Fomos á biblioteca e escoitamos unha historia triste pero esperanzadora e falamos sobre o que non debe pasar cando dúas persoas se aman. A historia de Xela, unha mestra vampiresa, axudounos a saber que non todo é o que parece. Agora sabemos que as verbas e o diálogo adoitan ser as mellores armas contra a violencia, non si?

25 nov 2013

25 NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o primeiro ciclo sumámonos á iniciativa do Equipo de Convivencia e participamos nas actividades propostas para conmemorar este día no que o importante é achegar ás novas xeracións a unha CONVIVENCIA POLA TOLERANCIA E RESPETO DOS XÉNEROS.